Noticias e novidades

CONCERTO DIDÁCTICO

O luns 15 de abril os alumnos e alumnas de música de 3º e 4º de ESO asistiron a un concerto didáctico no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, levado a cabo por membros do grupo vocal “Solo Voces” de Lugo, onde se escoitaron desde polifonías renacentistas ata versións vocais de clásicos do soul como Stand by me, pasando por cantos tradicionais africanos e folklore galego. Un concerto cunha gran variedade de tipos de músicas que serviron ó director do grupo para explicar de forma moi amena e divertida a evolución das texturas e as formas musicais ó longo da historia, así como outros conceptos que se traballan na aula.


 

Powered by Drupal - Design by artinet