Presentación

O noso centro

   Vista do centro

O CPI Luís Díaz Moreno de Baralla é o único centro educativo co que conta o concello do mesmo nome. O alumnado procede deste núcleo e dalgúns dos limítrofes.

Baralla pertence á comarca dos Ancares na provincia de Lugo (Galicia). Esta zona (3134 habitantes) sofre, coma o resto de municipios de montaña, unha importante perda demográfica, o que provoca unha densidade medio-baixa (26 habitantes por quilómetro cadrado) e un crecemento vexetativo negativo. A base económica está no sector primario con explotacións mixtas que combinan gandería, agricultura e silvicultura. O sector secundario está pouco desenvolvido: a industria depende do sector agropecuario coa fabricación de pensos e a transformación de recursos madereiros. O sector servizos está centrado no turismo rural.

 

O centro educativo, que foi fundado no ano 1974, imparte na actualidade os niveis de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. Os nosos alumnos e alumnas sitúanse, pois, na franxa de idade que vai dos tres ós dezaseis anos.

 

O colexio conta con servizo de comedor e transporte escolar. Amais da oferta educativa e de actividades complementarias e extraescolares organizadas polo equipo docente, o alumnado ten a posibilidade de asistir a actividades lúdicas, deportivas e culturais organizadas pola Asociación de Nais e Pais e polo Concello en horario non lectivo.

Powered by Drupal - Design by artinet