Orientación

BECAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO

SOLICITUDE DAS BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

 

PRAZO

·       Do 30 de Abril ao 13 de setembro do 2024 (ambos inclusive)

ORDE DA CONVOCATORIA:

·       Resolución pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024-2025

TIPOS DE AXUDAS

·       Axudas directas á reeducación logopédica ou pedagóxica (máximo 913 euros) (Discapacidade igual ou superior ao 25% e cumprir criterios de renda)

·       Axudas para programas específicos e complementarios á educación regrada para o alumnado con Altas Capacidades (Cumprir criterios de renda)

·       Subsidios familia numerosa (Discapacidade igual ou superior ao 25%)

·       Subsidio de contía fixa e carácter xeral (400 euros)(Independente da renda. Require acreditación de discapacidade igual ou superior ao 25% ou Altas Capacidades)

QUEN PODE SOLICITALA

·       Aquel alumnado, incluído o TDAH, que requira de determinados  apoios e axudas específicas derivadas de discapacidade, trastornos graves da conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

  •   Requírese acreditación de discapacidade igual ou superior ao 25%

·       Alumnado de altas capacidades para a realización de programas específicos complementarios á educación regrada

COMO SOLICITALA

·       A través da sede electrónica, cubrindo o formulario Aquí
·       Deberán cumprirse os requisitos establecidos na convocatoria anual

Día de concienciación do autismo

Ao longo desta semana o alumnado das etapas de infantil, primaria e ESO realizarán lecturas compartidas e visionado de varias curtametraxes co obxecto de sensibilizar e concienciar sobre o valor da diversidade e achegarse á realidade das persoas autistas.

TRABALLANDO A PRESIÓN DE GRUPO CO PROGRAMA QUÉROTE +

O profesorado de 3º de ESO continúa traballando co alumnado os retos sociais actuais que plantean a afectividade e a sexualidade.

Desta volta, nas clases de Xeografía e Historia da man do profesor Fernando Rosales, abordaron a presión de grupo na adolescencia coa dinámica "Cultivando habilidades", na que por parellas foron representando a través de rollplaying diferentes situacións sociais de presión ás que adoitan ter que enfrentarse os adolescentes (fumar, manter relacións sexuais, compartir fotografías non desexadas por instagram...) co obxectivo de aprender a artellar estratexias de negación e tomar decisións propias, independentes do grupo de pares.

Traballaron tamén o concepto de consentimento sexual visionando o vídeo de "Unha taza de té" e reflexionaron sobre cales son as condutas respetuosas ou cando se trata da sexualidade propia e da de terceiros.

Podedes consultar con mais detalle tódolos contidos e as actividades realizadas ao longo do curso en relación a este programa do Plan Proxecta, na Aula Virtual do centro, na sección Quérote +, e á que os vosos fillos e fillas teñen acceso dende o seu perfil.

TALLER DA ESCOLA DE NAIS E PAIS

Desta volta para a ENAPA tocounos aprender en familia!.

O ano pasado tivemos con nós á nutricionista Ángeles Novo que nos deu consellos para comer saudable, e este curso propuxémonos como reto levalo á práctica da man do noso cociñeiro Adrián Domínguez, que nos ensinou con paciencia e sabiduría a preparar tres magníficas receitas cheas de saúde e diversión!

Grazas Adrián, prometemos practicar na casa! (Descargar aquí as receitas)

Obradoiro de cociña ENAPA Baralla Video de Noa Varela

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRADO MEDIO

Aberto o prazo de inscrición nas probas de acceso aos ciclos formativos de Grado Medio dende hoxe 26 de febreiro a o 8 de marzo.

A celebración das probas será o 23 de Maio.

Poderase presentar aquel alumnado que o desexe con mais de 17 anos ou a cumplir no ano natural de celebración da proba.

Mais información en orientación, ou accedendo ao enlace da web de FP da Xunta: 

https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual 

PROGRAMA AFECTIVO SEXUAL QUÉROTE +

Alumando de 3º da ESO continuou estas semanas a traballar no programa Quérote +.

Desta volta abordaron xunto co profesor de lingua castelá Santiago López Crespo nas clases de Valores Éticos, as problemáticas e contradicións nas que deriva o mito do amor romántico.

 

Primeiro visionaron a película Te doy mis ojos de Icíar Bollaín, onde a protagonista ten dificultades para saír dun matrimonio anclado nunha relación tóxica que deriva en violencia de xénero.

 

Logo achegáronse aos efectos do maltrato e das condutas de control e violencia a través dos ollos de Julien, o neno protagonista da película Custodia Compartida, do francés Xavier Legrand, na que o medo do menor é instrumentalizado para facer máis dano e, o emprego sutil da violencia psicolóxica constrúe unha tensión intrafamiliar que leva ao peor.

 

Finalmente viron a serie de 5 curtametraxes “Encuentra el  Verdadero Amor” creados pola Asociaciación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales,  que permite traballar os sinais de advertencia ante o maltrato que se dan na adolescencia e na xuventude.

 

Tras deliberar na clase sobre as mensaxes transmitidas por cada un dos filmes, cubriron un pequeno cuestionario co obxectivo de detectar condutas de alarma, sinais de advertencia de estar ante unha relación tóxica que pode conducir á violencia psicolóxica ou física.

 

Ao tempo, nas clases de tecnoloxía coa profesora Lola Corbeira, abordaron que é o sexting e o grooming, e as problemáticas que deles se derivan así como as razóns polas que é preciso evitalos e estar advertidos das súas consecuencias.

 

XABÓNS ELABORADOS NA ESCOLA DE NAIS E PAIS

Velaí tedes os xabóns elaborados por vós na escola de nais e pais!!

Unha vez se produza o proceso de maduración e se regule o ph (aproximadamente 1 mes) poderedes levalos para casa.

Bo traballo familias!!!!

GÚIA SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL

Hoxe o alumando de 4º de ESO recibiu unha charla por parte da orientadora sobre os estudos da formación profesional (estructura, familias profesionais, formas de aceso, becas...) e que as familias tamén podedes consultar.

Adiantámosvos que como tódolos anos realizarase unha saída prevista para o 23 de Febreiro co alumando de 3º e 4º de ESO a fin de coñecer este curso, a oferta formativa dos ciclos do SanXillao e da Escola de Arte Ramón Falcón.

 

Powered by Drupal - Design by artinet