TRABALLANDO A PRESIÓN DE GRUPO CO PROGRAMA QUÉROTE +

O profesorado de 3º de ESO continúa traballando co alumnado os retos sociais actuais que plantean a afectividade e a sexualidade.

Desta volta, nas clases de Xeografía e Historia da man do profesor Fernando Rosales, abordaron a presión de grupo na adolescencia coa dinámica "Cultivando habilidades", na que por parellas foron representando a través de rollplaying diferentes situacións sociais de presión ás que adoitan ter que enfrentarse os adolescentes (fumar, manter relacións sexuais, compartir fotografías non desexadas por instagram...) co obxectivo de aprender a artellar estratexias de negación e tomar decisións propias, independentes do grupo de pares.

Traballaron tamén o concepto de consentimento sexual visionando o vídeo de "Unha taza de té" e reflexionaron sobre cales son as condutas respetuosas ou cando se trata da sexualidade propia e da de terceiros.

Podedes consultar con mais detalle tódolos contidos e as actividades realizadas ao longo do curso en relación a este programa do Plan Proxecta, na Aula Virtual do centro, na sección Quérote +, e á que os vosos fillos e fillas teñen acceso dende o seu perfil.

Powered by Drupal - Design by artinet