CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ROUPA USADA 2016/2017

Un ano máis o CPI Luís Díaz Moreno colabora coa Campaña Solidaria Mariola na campaña de recollida de roupa e calzado usado.

As familias que queiran colaborar teñen as bolsas na Secretaría do centro; o día de recollida remata o venres 30 de setembro.

 

Grazas pola vosa colaboración.

FONDO SOLIDARIO CURSO 2016/2017

Hoxe publícanse as LISTAXES DEFINITIVAS da adxudicación do fondo solidario de libros de texto para o curso 2016/2017  PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA.

NOS VINDEIROS DÍAS IREMOS FACENDO ENTREGA DOS LOTES DE LIBROS AO ALUMNADO BENEFICIARIO DAS AXUDAS.

PODEN CONSULTALAS NOS ARQUIVOS ADXUNTOS.

CURSO ESCOLAR 2016-2017

 

Resultado de imagen de calendario

INICIO DO CURSO EN EI E EP: LUNS, 12 de setembro

INICIO DO CURSO EN ESO: XOVES, 15 de setembro

NADAL: Do 22 de decembro ata o 6 de xaneiro (ambos incluídos).

SEMANA SANTA: Do 10 ao  17 de abril (ambos incluídos).

ENTROIDO: 27 e 28 de febreiro, e 1 de marzo

DÍA DO ENSINO: 31 de outubro.

DÍAS NON LECTIVOS SOLICITADOS (aprobados polo claustro e CE): XOVES, 2 de MARZO e VENRES 3 de MARZO DE 2017

 

 

 

BENVIDOS/AS AO CURSO 2016/2017

Resultado de imagen de benvidos ao cole

 

O vindeiro día 12 de setembro , os nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria volven con ilusión ás aulas e o próximo xoves día 15 de setembro farán o mesmo os rapaces/as de Educación Secundaria. Benvidos a todos e todas e que teñamos un bo curso!!!

Benvidos tamén a todos os mestres/as , profesores/as e persoal non docente que conforman a comunidade educativa!! Grazas tamén a todas as familias pola súa colaboración cada curso!!

PECHADO POR VACACIÓNS

 

DENDE O CPI LUÍS DÍAZ MORENO DESEXÁMOSVOS UNHAS BOAS VACACIÓNS E VÉMONOS EN SETEMBRO!!!

LISTAXES DE ADXUDICACIÓN FONDO SOLIDARIO CURSO 2106/2017

En arquivo adxunto podedes consultar as listaxes de adxudicación do FONDO SOLIDARIO para o vindeiro curso; a entrega dos lotes de libros farase na vindeira semana .

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016/2017

Resultado de imagen de libros de textoEN ARQUIVO ADXUNTO APARECEN OS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO CURSO 2016/2017

Resultado de imagen de LIBROS DETEXTO Y MATERIAL ESCOLARNa Orde do 27 de abril de 2016 convócanse as axudas para adquirir libros de texto( Fondo Solidario e axudas para adquirir libros) e material escolar para o vindeiro curso 2016/2017.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 18 de maio ata o 23 de xuño

Para calquera dúbida pasar pola secretaría do centro.

LETRAS GALEGAS 2016

O pasado venres día 13 de maio celebramos as Letras Galegas no cole cun festival cheo de traballo dos nenos e nenas coa axuda dos seus profes , moita imaxinación e un chisquiño de lembranza!! 

As presentadoras

 

Educación Infantil

 Educación Primaria

Educación Secundaria

 

 

 

DIA DO LIBRO 2016

O venres 22 de abril celebramos o Día do Libro dun xeito moi especial no noso cole; os alumnos/as de 1º ESO en colaboración coa súa profesora de Lingua e literatura castelá , Elisa Piñeiro; agasalláronos cunha OBRA DE TEATRO para todos os nenos e nenas do cole e os profes tamén. De título "EL MANCEBO QUE QUISO CASAR CON MUJER BRAVA" , tivo moi boa acollida en tan esixente público!!!!

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet