ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

Prazo presentación da documentación: do 1 ao 20 de marzo.

 

Presentar unhúnica solicitude (ANEXO IIED550B) de admisión no centro elexido como primeiro lugar de preferencia, que virá asinada polos dous proxenitores (agás nos casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade).


 DOCUMENTACIÓN:

  • Documento quacredite idade do alumno/a: DNI ou Libro de Familia.

  • Convenio reguladoou resolución xudicial de divorcio ou separacn.

  • Copia do DNI do pai e da nai do alumno (no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade á Consellería de Educacn).

Poderán recoller o formularioAnexoII (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo.

Descargando o arquivo adxunto.

Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de cultura, Educación, Universidades e FPna dirección: https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacióneadmision e entregándoo no centro solicitado en primeiro  lugar.

Entregándoa a través da sede electrónica da xunta de Galicia a través da aplicación web "admisionalumnado" http://edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

LEXISLACIÓN:

  DECRETO13/2022do 3 de febreiro,polo quse regulaa admisión de alumnaden centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primariade educación secundariobrigatoria

 

ORDE do 21 de outubro de 2022 polque se desenvolve Decreto13/2022,do de febreiroe se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil,

 

 

Entroido 2024.

Así celebramos o Entroido este curso:

XABÓNS ELABORADOS NA ESCOLA DE NAIS E PAIS

Velaí tedes os xabóns elaborados por vós na escola de nais e pais!!

Unha vez se produza o proceso de maduración e se regule o ph (aproximadamente 1 mes) poderedes levalos para casa.

Bo traballo familias!!!!

GÚIA SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL

Hoxe o alumando de 4º de ESO recibiu unha charla por parte da orientadora sobre os estudos da formación profesional (estructura, familias profesionais, formas de aceso, becas...) e que as familias tamén podedes consultar.

Adiantámosvos que como tódolos anos realizarase unha saída prevista para o 23 de Febreiro co alumando de 3º e 4º de ESO a fin de coñecer este curso, a oferta formativa dos ciclos do SanXillao e da Escola de Arte Ramón Falcón.

 

Día da Paz (2023-24)

Este vídeo é o resultado do traballo de todo o alumnado do centro. Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria e todo o alumnado da ESO confeccionaron o mural. O alumnado de 3º a 6º de Primaria e de 2º da ESO gravou o vídeo. Por último, o vídeo foi editado por Adrián coa colaboración de Fran, ambos de 4º da ESO.

ORIENTACIÓN VOCACIONAL

Aquí vos deixo a guía de BAC actualiza deste curso, e que o alumnado de 4º ESO coñeceu onte. Nas próximas semanas falaremos da Formación Profesional

 

ELABORANDO XABÓN NA ESCOLA DE NAIS E PAIS

Esta semana na Escola de Nais e Pais Barallando Xunta@s, xuntámonos familias e profesoado para aprender a elaborar xabón coa axuda de Lola, a profe de tecnoloxía.

Primeiro falounos do programa do Plan Proxecta Fitofaladoiro, no que participa o alumnado do centro, e que ten por obxectivo que coñezan e recoñezan as plantas mais habituais da súa contorna, os nomes que se lles dan a nivel popular, e os seus usos. Desta forma ponse en valor o saber popular, xa que nenos e nenas irán recollendo información a través de entrevistas a familiares ou veciños.

A elaboración de xabón está moi relacionado con esta transmisión popular do saber das propiedades das plantas, de ahí o motivo desta proposta para a escola de nais e pais

 

Deseguido explicounos o proceso e as normas que deberiamos seguir para a elabaroción do xabón.

 

Unha vez coñecidos os pasos da receita e xa na aula de tecnoloxía, Lola explicounos como se fai hidrolato nunha alquitara, e as propiedades medicinais e aromáticas e que lle vai a aportar ao xabón.

As nenas e nenos asistentes encargáronse de facer o hidrolato, neste caso de romero, mentres pais e nais comezaban mans a obra a aplicarse coa receita do xabón.

 

 

  

 

 

 

 

E velaí o resultado! 

 

Entre todas e todos elaboramos estes xabóns de lavanda, nunha xornada de convivencia e aprendizaxe inesquecible!

Graciñas a todas e a todos por asistir!

Vémonos na próxima xuntanza!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet