ORIENTACIÓN VOCACIONAL EN 4º DA ESO

Un ano máis o alumnado de 4º da ESO recibirá ao longo do segundo trimestre varias charlas sobre a orientación vocacional, con información específica sobre as diferentes opcións que teñen ao acadar o título (Bacharelato ou Ciclos formativos de Grado Medio).

Está previsto que o día 2 de marzo realicemos unha saída a Lugo para visitar os CIFPs Politécnico e As Mercedes, así coma o IES Muralla Romana, onde 3º e 4º ESO poderán visitar talleres e módulos, dos diferentes ciclos formativos de grado medio e superior.

E para aquel alumnado que oriente a súa formación cara o BAC e os estudos de Grao, realizarase unha charla sobre a Universidade o 19 de Abril da man dos responsables do Programa A Ponte da USC

Hoxe falamos da estrutura da Formación Profesional, organización, accesos, saídas laborais, opcións segundo a zona, test específicos que poden realizar se aínda teñen dúbidas...

Deixámosvos aquí a guía de FP para que a consultedes en familia.

 

 

A vindeira semana abordaremos o Bacharelato, e tamén vos deixaremos unha pequena guía explicativa.

Lembrade que no terceiro trimestre teremos, como tódolos anos, unha charla específica para as familias de 4º de ESO onde se explican os diferentes itinerarios, materias de BAC e características específicas dos ciclos.

Powered by Drupal - Design by artinet