O biólogo Miguel Santamaría impartiu un taller sobre insectos aos cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO.
O biólogo Miguel Santamaría impartiu un taller sobre insectos aos cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO.
Hoxe estivo con nós Héctor, un dos responsables do Plan Director de Convivencia Escolar, quen realizou tres charlas diferentes co alumnado do centro:
En 5º e 6º de primaria falaron do Acoso Escolar, e da importancia de aprender a resolver os conflitos dende actitudes positivas e valentes, non permitindo discriminacións de ningún tipo na nosa presenza e modificando actitudes e comportamentos que non axudan a construir a convivencia.
En 3º e 4º de ESO a charla abordou os Delitos de odio, e permitiu que o alumnado reflexionara sobre as consecuencias das actitudes homófobas e a xenofobia, e como en moitas ocasións se camuflan baixo bromas ou desprecios cara ás minorías.
A última das charlas que recibiron ambos grupos da ESO foi sobre as adiccións sen substancia e en concreto sobre as apostas deportivas e online, unha práctica cada vez mais extendida entre a xuventude e á que non lle están a dar a gravidade real que conleva.
Para aquelas familias que non puidéstedes asistir hoxe á Escola de Nais e Pais, velaí tedes un resumo da temática de hoxe.
Lembrade que a finais de mes teremos a sorte de ter con nosco a Nélida Zaitegi, actual Presidenta do Consello Escolar de Euskadi e que nos virá a falar sobre a ética dos coidados e a creación de redes de axuda familiar.
Agardámosvos novamente o martes 21 de marzo!!!
O vindeiro mércores 1 de marzo teremos outra sesión da escola de nais e pais. Desta volta falaremos sobre o papel da familia na orientación vocacional da rapazada. Abordaremos o tema dende tódalas idades e etapas educativas, xa que o proxecto de vida é un proceso continuo que non debemos limitar só aos momentos importantes e puntuais de toma de decisións académicas ou profesionais.
Falaremos de cómo potenciar habilidades e capacidades na etapa infantil. Cómo estar atentos na infancia a intereses e preferencias que amosen os pícaros. E cómo apoialos e acompañalos no momento de incertidume e toma de decisión da adolescencia.
No terceiro trimestre realizaremos unha charla específica sobre o cambio de etapa para as familias de 6º de EP e outra sobre as opcións despois da ESO para as familias de 4º de ESO.
Animádevos a participar e compartir as vosas inquedanzas e opinións!
Calendario Escola de Pais e nais curso 22-23 de Noa Varela
O noso cociñeiro Pablo, acaba de gañar o Campionato Internacional de Baristas de Escolas, celebrado a pasada semana no IES de Foz. Dende o centro queremos darlle a noraboa.
FESTIVAL ENTROIDO 2023
VENRES 17 DE FEBREIRO ÁS 11:00H
Infantil: Pitufeando
1º EP: Mary Poppins
2º3º EP: Coco
4º EP: Avatar
5º EP: Familia Addams
6º EP: Brancaneves e os sete ananiños
1º ESO: 101 Dálmatas
2º ESO: Piratas del Caribe
Xuízo de entroido a cargo do alumnado da ESO
Prégase ás familias que respeten as zonas acotadas para o desfile
Recordamos co alumnado de 3º e 4º eso estará vendendo doces para financiar a excursión de fin de curso.
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DEDICADAS
Con motivo da conmemoración do 8M Día da Muller Traballadora, levarase a cabo no centro unha exposición de fotografías en homenaxe ás mulleres da contorna.
Animádevos a participar familias!!! Encheremos o cole de admiración polas nosas mulleres!!!
A exposición Hai presente de Esther López poderase visitar no centro ata o día 17 de febreiro.
A nosa antiga alumna vén de gañar varios premios polo seu traballo Engurras: O premio da Excelencia Académica da Xunta de Galicia na categoría de Artes Plásticas e Deseño, o Xurxo Lobato 2022 e a IV Edición do Manuel Ferrol de Fotografía.
En canto a convidamos a participar no proxecto Donas de Sí e de Aquí que se desenvolve no centro, e co que se trata de visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres do rural, non só non o dubidou nin un instante, senón que ademais, quixo contribuir coa súa nova creación Hai presente, unha obra coa que desta volta, quixo visibilizar o arraigo da xente nova:
"Houbo quen, anos ha, quixo e fixo polas raices dunha xente que hoxe é. É arte, é traballo, é rural, é Galiza, é presente.
O futuro pode ser tan incerto como queira, pero hoxe ainda quedan quenes viven no arraigo do sitio onde naceron; facendo xerminar nesa mesma terra soños en forma de danza, debuxos, fotografias, poemas e cantares."
Xa sabedes, estades convidadas e convidados a coñecer Hai Presente, de Esther López.
MANDADOS DO MECO 2023
Rapazas e rapaces,
o Entroido está a chegar
e aquí van os mandados
que o meco quere ordenar
Luns:
Para parecer James Bond virás con gafas de sol.
Martes:
Para cociñar en Ratatouille con mandil terás que vir.
Mércores:
Se de piratas queremos falar, un sombreiro ou pano na cabeza portarás.
Xoves:
Co bigote de Charlot o xoves pasará mellor
Venres:
O venres para rematar una película coa túa clase farás.
Este ano os mandados do Meco son acumulativos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |