DONAS DE SI E DE AQUÍ

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DEDICADAS

Con motivo da conmemoración do 8M Día da Muller Traballadora, levarase a cabo no centro unha exposición de fotografías en homenaxe ás mulleres da contorna.

 

 

  •  Para elo, cada alumno e alumna traerá nun sobre a fotografía dunha muller da súa contorna á que admire (pode ser nai, avoa, tía, veciña….). Escribiredes detrás da foto o voso nome para que non se extravíen.
  •  A fotografría pode ser antiga ou actual, en cor ou branco e negro,  pode verse á muller homenaxeada facendo algunha labor ou solamente un retrato, pero figurará ela soa.
  •  Unha vez fotocopiadas no cole, devolveranse, xa que na exposición empregarase unha copia e non as fotos orixinais.
  •  Finalmente o alumnado escribirá a dedicatoria na hora de titoría nunha tarxeta que entregaremos no cole tal e como se ve na imaxe.

 

  • A participación tamén está aberta ás familias, polo que se unha nai ou pai quere facer tamén unha homenaxe a unha muller que admire, só terá que engadir no sobre a súa fotografía, e o proceso será o mesmo. (Unha vez fotocopiada, devolverémola xunto coa tarxeta e unhas sinxelas instrucións para que a poda completar na casa, ao igual que fai a rapazada en clase)
  • A artista e antiga alumna Esther López  xa nos deixou unha fermosa homenaxe á súa avoa. Podedes ver esta primeira postal na web do cole.

 

Animádevos a participar familias!!! Encheremos o cole de admiración polas nosas mulleres!!!

Powered by Drupal - Design by artinet