OS RISCOS DE INTERNET. ÚLTIMO TEMA TRATADO NA ESCOLA DE PAIS E NAIS

Onte á tarde xuntámonos unha vez mais na Escola de pais e nais Barallando Xunt@s.

Desta vez abordouse a temática "Os riscos de internet" da man de Ramón Peña, o coordinador e responsable do Plan Director para a Convivencia na provincia de Lugo, quen nos falou dos perigos ós que estamos expostos como usuarios da rede, e especialmente aos que afectan ás nosas fillas e fillos.

Ramón incidiu na importancia de coñecer as webs, xogos ou Apps que adoitan a empregar, ensinándonos estratexias e ferramentas básicas de ciberseguridade útiles como usuarios da rede. Recomendou entre outras, o emprego de webs oficiais como a do INCIVE para consultas ou dúbidas e a App da Garda Civil AlertCops para recforzar a seguridade.

 

Sen dúbida unha chea de consellos importantes para poder acompañar responsablemente á rapazada no mundo dixital.

Moitas grazas a todas e todos por asistir unha vez mais!

Vémonos novamente en febreiro para falar do papel da familia na orientación vocacional das nosas crianzas!

Powered by Drupal - Design by artinet