[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

2ºA

Tangram.

Levamos unhas sesións traballlando co Tamgran dentro das aulas, os nenos e nenas expertos explicaron os seus compañeiros e compañeiras a forma de xogar, mover de forma axeitada as pezas para que se poidan ler no espello e a forma de moverse polo mapa

.

VIAXE AO ESPAZO.

Estivemos traballando en ciencias sociais o tema do espazo coas estructuras cooperativas complexas. Formamos grupos de expertos, un neno ou nena de cada grupo converteuse en experto en... Tics, escritura, debuxo e deseño e mapas conceptuais.

Novas, novas!

A través da aperndizaxe cooperativa os alumnos fixeron unha viaxe imaxinaria ao espazo para investigar que podemos atopar nel: fases da lúa, planteas,.. En que consiste o movemento de rotación e o de translación...etc

Osmos: Tangram.

Iniciamos un novo xogo co Ipad, o Tangram. Esta primeira sesión é para os nenos e nenas expertos, tiveron que aprender a manexar as pezas, a súa correcta posición, a forma de gañar puntos no nivel amarelo que representa o inicial.

Osmos: Numbers.

Os nenos e nenas expertos estiveron prácticando no xogo dos Numbers nos niveis iniciais nas anteriores sesións, agora teñen que explicar a dous ou tres compañeiros e compañeiras da súa aula a forma de xogar e acadar a maior puntuación para conseguir os diferentes premios: chaves, tres peixes... e así continuar no seguinte nivel. A maior nivel maior dificultade.

Concerto no Liceo de Noia.

O pasado 23 de marzo Infantil e Primaria fixemos unha saída ao Liceo de Noia para escoitar un concerto de percusión. Estivo xenial!

Malibú.

O 21 de marzo rivemos a visita dunh cadeliña, Malibú. Coa súa coidadora explicou aos nenos e nenas a imprortancia de coidar e valorar as nosas mascotas. Tamén deu un pasiño máis e fíxomos reflexionar sobre que os nosos actos pouco meditados teñen as súas consecuencias.

Mortadelo e Filemón.

Este ano os espías da T.I.A, Mortadelo e Filemón están de aniversario, cumpren 60 anos. En segundo de primaria queremos achegar estes divertidos persoaxes de Francisco Ibáñez o noso alumnado na realización dunha secuencia didáctica. O primeiro paso foi ir a nosa Biblioteca para saber, buscar onde están os cómics.

Distribuir contido