2º ESO |
Os días xoves 2 e venres 10 de xuño tiveron lugar as III Xornadas de Gastronomía Francesa organizadas polo alumnado de francés do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro e coa imprescindible colaboración e bo facer do equipo de cociña. Como en edicións anteriores deixámovos máis abaixo o enlace para responder a unha enquisa sobre a vosa opinión das xornadas. Como en edicións anteriores, leremos con moito interés as vosas valoracións e comentarios e terémolos en conta na medida do posible para as vindeiras edicións. Desexamos que gozarades coñecendo e aprezando a diferente gastronomía do país veciño. Moitas grazas pola vosa participación e ata a vindeira edición! |
|||
O xoves 1 e o venres 9 de xuño tiveron lugar no comedor escolar do noso centro as IV XORNADAS DE GASTRONOMÍA FRANCESA, organizadas polo alumnado de francés de 2º de ESO. Nesta ocasión poideron degustar os seguintes platos: Vichyssoise
Tartiflette Merlu à la crème d'aligot Omelette française au jambon Profiteroles Meringues
|
|||
Coa colaboración do profesor de tecnoloxía, Fran e o alumnado de 2º fixemos un obradoiro para montar tres robots. |
|||
Como xa mencionamos noutra entrada, segundo de primaria esta realizando un Proxecto de Robótica. Coa colaboración do profesor de secundaria Fran e o alumnado de segundo da ESO. Os nenos e nenas están a crear os seus propios robots. Os nenos e nenas forman catro equipos que están titorizados por tres ou catro alumnos e alumnas máis grandes. Explicaron os pequenos as diferentes pezas dun robot (e son moitas!). O seguinte paso foi comezar amontalo coa axuda do manual. |
|||
O alumnado de 2ºESO realizou unha recollida, selección, organización e presentación de información demográfica no concello de Lousame a partires de fontes de información estatísticas como o IGE e o INE. Por unha banda, analizamos os movementos naturais de poboación e calculamos distintos indicadores taxa de natalidade, taxa de mortalidade, saldo vexetativo. Por outra banda, analizamos os movementos migratorios do concello e as causas e consecuencias dos mesmos no noso contorno máis próximo. Coa axuda dunha táboa de datos elaboramos pirámides de poboación do concello de Lousame de distintas épocas que nos serviron para analizar a evolución da poboación no último século.
|
|||||||
|
|||
Estas son as datas previstas para realizar os exames neste 2º trimestre. Se houbera algún cambio comunicarase con antelación a todos os alumnos. |
|||
Esta é a nosa programación para 2º ESO neste curso 2014-2015. |
|||