[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14

2ºA

A máquina do tempo

Os alumnos de 2 A de primaria ao longo do curso 2020/2021 desenvolveron o seu proxecto sobre a máquina do tempo,onde abarcaron as materias de maneira globalizada e gamificada. Aqui nos deixan o seu resultado:

 

 

A máquina do tempo.

A MÁQUINA DO TEMPO

 XOGOS SOBRE O TEMPO

Non hai mellor forma que aprender xogando!

Os nenos e nenas de 1º e  2º sábeno moi ben e por iso traballaron o tempo cos seguintes xogos.

O CICLO DA AUGA

Para entender o ciclo da auga, fixemos por grupos, unha representación nunha bolsa transparente. Debuxamos  os elementos naturais que interveñen no proceso, dende a evaporación ata a condensación. Logo enchemos as bolsas de auga e colocámolas nas fiestras da clase. Agora, todos os días podemos comprobar como o ciclo se repite unha e outra vez, como se forman as pingas de auga logo de evaporarse, e como outra vez esta volve á súa orixe.

EXPOSICIÓN DE MAQUETAS: "O SISTEMA SOLAR"

Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria realizaron cadansúas maquetas do Sistema Solar e expuxeron o seu traballo na Biblioteca. Convidaron aos rapaces e rapazas de primeiro e segundo de Educación Primaria para compartir con eles o que aprenderon e aproveitaron para ensinarlles algúns dos fondos documentais que poden atopar na nosa Bibilioteca sobre astronomía. Os pequenos estiveron moi atentos ás explicacións, preguntaron moitas dúbidas e disfrutaron moito da actividade.

 Exposición sistema solar

Podes ver as imaxes da exposición aquí.

Chega a despedida!

Chegou o momento das despedidas, despois de dous cursos marabillosos, fantásticos,... é o momento de dicir adeus e a mellor forma é cunha Festa Rachada!

 

Boas vacacións de verán.

ANDAINA FIN DE CURSO.

O luns 18 os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de Educación Primaria fixemos a clásica andaina dende Toxosoutos ata Cabanatan.

Contacontos

O mércores 20 de xuño a nai dos nosos compañeiros Lena e Nuno veu ao cole a contar dous contos: Nadarín e Paco. Foi un momento máxico.

Excursióna Granxa Escola de Bergando.

Os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de primaria fomos a granxa escola de Bergando como excursión de fin de curso. Os nenos e nenas tiveron oportunidade de realiar un paseo guiado para observar diferentes animais (alpacas, cervos, coellos, cabalos, cabras, ponis, porcos celtas,...), cabalgar, tiro con arco, repostería (rosquillas), subir a un carro tirado por un poni...

Clica na imaxe para ver o ben que o pasaron!

 

Distribuir contido