[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
ACTA ASAMBLEA 13_09_24 ANPA pipaca 16/09/2024 - 14:10
CADRO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:58
SOLICITUDE PARA SER SOCIO DA ANPA ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:51
MENÚ SETEMBRO 2024 Páxina gedepevi 06/09/2024 - 19:47
FALTA DE PROFESORADO ANPA pipaca 04/09/2024 - 13:20
Contacto co centro CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Páxina bggon 31/07/2024 - 10:39
Convocatoria de prazas no Servizo Lousame Concilia para o período lectivo do curso 2024/25. Páxina bggon 23/07/2024 - 08:46
Listaxe definitia do Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25. Páxina bggon 17/07/2024 - 10:25

EntusiasMAT

O alumnado de 1ºB escolle as Mates como asignatura favorita

O alumnado de 1ºB recibiu ao de 6º de Ed. Infantil na súa aula para darlle a benvida á nova etapa de Ed. Primaria e compartiron con tod@s experiencias do curso escolar. Ante a pregunta da profe Ana Belén de cal era a súa asignatura preferida, ninguén tivo dúbidas: as Matemáticas. Mirade o vídeo que o demostra como documento adxunto.

CATRO CUBOS A 1.000 - 2º A

O alumnado de 2ºA estivo a xogar cos dados: usando catro, formaron números de dúas cifras que tiñan que sumar en grupo ata que un dos xogadores chegara ao número 1.000 ou o superara. Anotaban todo para chegar canto antes...

REPASO DAS UNIDADES E DECENAS - 2ºB

@s alumn@s de 2ºB fixeron un repaso das unidades e decenas para chegar á centena. Con xogos lograron revisar os conceptos aprendidos de xeito lúdico e divertido. En "ler máis" atoparedes fotos e vídeos que demostran o coñecemento que teñen do tema.

REPASO - 1ºB

O alumnado de 1ºB fixo un repaso do estudado na aula este curso: unidades, decenas, figuras xeométricas... Mirade as fotos e os vídeos nos documentos adxuntos.

 

GRAMOS E KILOGRAMOS

O alumnado de Maite de 2ºB estivo a traballar cos pesos en gramos e kilogramos. Nas fotos e vídeos vemos como lles gusta participar neste tipo de actividades de aprendizaxe.

COMEZAMOS A ESTUDAR AS FRACCIÓNS-1ºB

O alumnado de 1ºB e a súa profe Begoña teñen un traballo por diante: estudar as fraccións...non é doado mais mirade nas fotos e nos vídeos o esforzo que fan para comezar con este tema tan difícil.Sorriso

@S ALUMN@S DE 1ºA XOGAN CON FICHAS

@s alumn@s de 1ºA hoxe estiveron xogando con fichas para repasar as sumas e as restas...mirade nos vídeos o simpátic@s que están. Tapaban os ollos para non saber cantas fichas se escondían e tiñan que averiguar as que quedaban sen esconder...uns cracks

MARTÍN É HOXE O PROFE DE 2ºB

Mirade nos vídeos como escoitan con atención a Martín tódol@s alumn@s de 2ºB; explica as fraccións das horas no reloxio que debuxa na pizarra. Verbaliza o aprendido sen problema...

Distribuir contido