[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 17:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 19:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 17:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 12:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 12:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 20:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 19:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 09:28

Secretaría

Admisión a ciclos formativos de Formación Profesional básica 2018-2019

No arquivo adxunto están as datas para a presentación de solicitudes e matrícula da formación profesional básica.

LISTA DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2018/19.

Nos arquivos adxuntos poden consultar as listas definitivas de alumnado admitido no Fondo solidario de libros de texto da Xunta de Galicia para o curso 2018-2019.

Deben comparar o lote de libros que se lles adxudicou coa lista de libros do curso correspondente por se cumprise mercar algún.

FONDO SOLIDARIO 2018/2019

Nos arquivos adxuntos poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos de Educación Primaria e ESO no Fondo de libros 2018/19.O prazo de reclamación rematará o 6/7/2018. A partir desa data, sairán as listaxes definitivas de Educación Primaria; as listaxes de ESO non estarán dispoñibles ata o mes de setembro, despois da avaliación extraordinaria.

Os vales para a adquisición de material e/ou libros de texto xa poden recollerse na Secretaría do centro, en horario de 9,00 h a 13,30 h., ata o 25 de xullo de 2018.

Admisión ciclos de grao medio para o curso 2018-2019

O día 25  de xuño comeza o prazo de presentación de solicitudes para a admisión a ciclos formativos do curso 2018/2019. 

No documento adxunto pódese consultar o calendario completo do proceso de admisión e no seguinte enlace  toda a información relativa a ciclos:

http://www.edu.xunta.es/fp/admision-curso-2018-2019

 

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA O CURSO 2018/2019

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante a Orde de 9 de maio de 2018 (DOG 95,  de 21/5/2018), convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar e regula a participación no fondo solidario de libros do alumnado de centros sostidos con fondos públicos, matriculado en  EP, ESO e EE.

·          Tipos de axuda e destinatarios.

-          Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e todos os cursos de  ESO.

-          Axudas para libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, Educación Especial e con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

-          Material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e E. Especial.

·          Requisitos.

-          Ser pai/nai/titor legal dun alumno matriculado nun centro sostido con fondos públicos.

-          Renda per cápita igual ou inferior a 9000 €, agás no caso de discapacidade superior ao 65% e alumnado en garda/tutela da Xunta de Galicia ou de Educación Especial, que poderá ter calquera tipo de renda:

o    Os datos son os do exercicio fiscal de 2016.

o    Sumaranse os recadros 392 e 405 de cada un dos membros da familia con ingresos e dividirase o resultado da suma polo número de membros da unidade familiar a 31/12/16.

o    No caso de non prestar declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal  de Administración Tributaria.

·         Presentación de solicitudes.

-          Cada pai/nai/titor cubrirá unha única solicitude para todos os seus fillos, que poderá recoller no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros  da Consellería de Educación.

-          Poden optar polas seguintes formas de presentación:

a)       No centro, en soporte papel, ata o 22 de xuño de 2017 (este incluído), agás o alumnado procedente de centros privados ou os repetidores de 4º de ESO, que terán un mes de prazo desde a matrícula.Virán debidamente asinadas e coa documentación requirida; se se cubriu na propia aplicación Fondolibros, imprimirase  e entregarase cuberta co número que lle foi asignado para que o centro a poida recuperar.

b)       Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, que enviará un aviso ao correo electrónico do centro.

·         Documentación que se debe achegar.

-          Anexo II, que acompaña á solicitude, para a comprobación de datos de membros computables.

-          Copia do libro de familia ou documento que acredite número de membros computables a 31 de decembro de 2016 (sentenza de divorcio ou separación, certificado de convivencia, …).

-           Certificado acreditativo do grao de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar e/ou acreditación de violencia de xénero, de ser caso.

-          Acreditación de violencia de xénero, se fose preciso.

-          De non autorizar a consulta telemática,  á documentación anterior debe engadirse o DNI dos membros computables da unidade familiar e a declaración da renda do exercicio 2016 e o resto da documentación xustificativa.

LISTAXES PROVISIONAIS DAS AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS.

A Consellería de Educación publicou as listaxes de admitidos e suplentes, ordenados por puntuación, para as actividades de formación en linguas estranxeiras.

Poden consultarse no taboleiro do centro e no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

AXUDAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2018

Na web http://www.edu.xunta.es/axudasle xa poden consultarse as listaxes de solicitudes admitidas, excluídas e necesitadas de emenda. Tamén poden verse no taboleiro principal do centro. 

O prazo para a presentación de reclamacións ou renuncias e emenda de erros ou falta de documentación é de 10 días naturais.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca  prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2018.

Distribuir contido