2ºA |
Fai uns días tivemos unha visita moi especial; o esquío Rasi. Bailou e xogou con nós e trouxonos uns agasallos: un caderno para colorear e unha cestiñas con ovos de chocolate para celebrar a Pascua. Fíxonos moita ilusión coñecelo!
|
|||
Con motivo da chegada da primavera os nenos/as plantaron flores nos xardíns do colexio. Repasamos que necesitaban as plantas para vivir e pasaron unha tarde de convivencia moi divertida. |
|||
Proxecto documental integrado: Defíneme artista! A clase de 2ºA estudiou a vida e obra de Wassily kandinskiy, un artista que pintou o primeiro cadro de arte abstracta da pintura.
|
|||
Este ano a temática do desfile do Entroido eran os artistas. A nosa clase foi de pinceis e bailamos unha divertida canción xunto cos nenos/as de 2ª B. Pasámolo moi ben! |
|||
Este ano, como excursión de fin de curso, o alumnado de 1º e 2º de primaria fomos a Apípolis, un Centro para a Comprensión das relacións entre os seres humanos e as abellas. onde aprendemos moitas cousas interesantes das abellas, a importancia que teñen na conservación do medio... así como os diferentes estamentos nunha colmea (raíña, obreiras...), a facer galletas de mel, a facer candeas coa cera das abellas... Para ver todas as fotos fai dobre clic na primeira.
|
|||
A programación de 2º A relativa a este curso 2014-15 podedes vela no seguinte arquivo |
|||
Con motivo da celebración do Samaín hoxe 30 de outubro, @s nen@s de 2ºA levamos a cabo un taller de cociña de medo. Cada un elaborou a súa propia merenda da que despois demos boa conta. Fixemos arañas, ollos ensanguentados, momias, tumbas, escobas de bruxa e o que máis nos gustou a todos dedos cheos de sangue. Deixamos unha fotiño para que vexades que ben o pasamos. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10