Biblioteca

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Celebramos o día dos dereitos da infacia, entre otras cousas, coa realización destes murais en EI e Primaria.

APADRIÑAMENTOS DE 5º DE PRIMARIA CON 5º DE INFANTIL

Esta semana tivemos os apadriñamentos lectores, cos alumnos e alumnas de 5º Ed. Primaria e 5º Ed. Infantil. Estamos moi contentos de que nos veñan a ler os nosos padriños e madriñas.

CONTO DE SAMAÍN: CORRE, CORRE, CABACIÑA

Na aula de 4 anos somos fans deste conto. Xa facía días que o alumnado o pedía, entón fomos á biblioteca en busca del.  O conto é: Corre, corre, cabaciña. Despois de ver o vídeo imnumerable de veces, pois decidimos facer unha tarefa. A idea deume o blog: @detresaseis e que eu modifiquei un  pouquiño.

CONTO DE SAMAÍN

Cando fomos á biblioteca tamén vimos este conto titulado: A pantasma da Illa de Cortegada. E como falaba de pantasmas e estamos no Samaín, pois para a nosa aula foi. Temos que dar a noraboa a Paula Carballeira, por que nos encantou este libro. A que non sabedes quen é Maruxa e Leonor? Pois teredes que ler o conto e ver este video.  Nel veredes imaxes dos debuxos que fixemos dunha páxina do conto que nos gustou moito. E como somos uns artistazxs, nós atrevémonos con todo e desta volta  somos "paulistas" (verbas do alumnado). Asique ollade o vídeo.

ENCONTRO CON MARÍA SÁNCHEZ

O pasado 2 de novembro todo o alumnado da ESO tivo a oportunidade de falar coa autora María Sánchez sobre o seu libro Almáciga, co cal tiñan traballado previamente na clase. A autora tamén lles falou doutros temas como das súas outras obras Tierra de Mujeres e Cuaderno de Campo.

Distribuir contenido