Club de lectura

FEDERICO GARCÍA LORCA

VIVINDO A POESÍA EN COMUNIDADE

O próximo martes 26 de febreiro terá lugar unha intensa xornada de lecturas compartidas en galego e en castelán sobre distntos fragmentos da obra de Federico García Lorca. Esta actividade, que implica á totalidade do centro educativo, está coordinada pola profesora Cristina González Grandas. Animamos a todos e todas a pasar pola biblioteca e presenciar a maxia da poesía lida polos rapaces e rapazas do CPI Plurilingüe de Castroverde.

1ª hora           2ª hora                 3ª hora                   4ª hora /5ªhora                  tarde                     
3º ESO 4º ESO Aplicadas  4º ESO Académicas  2º ESO   4º ESO APLICADAS
1ºEP+5º EP 2º EP +6º EP  3º EP 4º EP  2º EP +6º EP

DÍA DE ROSALÍA NO CPI PLURILINGÜE DE CASTROVERDE

O día de Rosalía celebrouse con múltiples actividades na biblioteca do CPI de Castroverde nas que participaron o alumnado de primaria e de secundaria.

Agradecemos ós equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega o intenso traballo realizado.

O alumnado, dirixido por Cándido Díaz, interpretando  Negra Sombra  coas ocarinas elaboradas coa impresora 3D.



 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i
 eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás
nunca,
sombra que sempre me asombras.

FESTA DA LECTURA DO MES DE XANEIRO EN PRIMEIRO DE PRIMARIA

Esta primeira festa da lectura desenvolveuse en torno ao libro "A casa máis grande do mundo" de Leo Leonni en 1º de primaria, dentro do proxecto "Lectura en familia", que forma parte do Club de Lectura do centro.

LENDO POESÍA NA TORRE DA HOMENAXE

Os alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO realizaron un roteiro literario no que visitaron a  Torre da Homenaxe do castelo de Castroverde. Estiveron acompañados polas profesoras Nanda Suárez Méndez e Crsitina González Grandas. Tanto alumnas e alumnos como profesoras ían caracterizadas con traxes medievais. Felicitamos a profesoras e alumnado por estas iniciativas de levar a poesía á rúa, nun entorno tan próximo e de grande valor histórico e patrimonial. 

Durante a actividade leuse unha selección de poesías diversas, entre elas coplas de Jorge Manrique... No CPI Plurilingüe de Castroverde vivimos a poesía!

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA: O DIARIO DE ANA FRANK

O día 31 de xaneiro de 2019 tivo lugar unha Tertulia Dialóxica sobre unha selección de textos do diario de Ana Frank. A tertulia estivo coordinada pola profesora Nanda Suárez Méndez

Distribuir contenido