Club de lectura

DÍA DA POESÍA

Actividade do Club de Lectura e da Biblioteca para celebrar o Día da Poesía.

O alumnado de1° Eso pasou polas aulas dos compañeir@s dos outros cursos da ESO, recitando poemas elixidos por eles,a maior parte ,e outros sobre o que é a poesía indicados pola profesora de Lingua Galega.

 

Algúns dos poetas recitados foron Marilar  Aleixandre, Fran Alonso, Rosalía de Castro, Manuel María, Marta Dacosta, Carlos Negro ou Celso Emilio Ferreiro.

INTERCAMBIO CO IES OLLOS GRANDES

O alumnado do Club de Lectura de 4° ESO do Ies Virxe dos Ollos Grandes de Lugo e o do CPIP de Castroverde celebraron un encontro no noso centro , para intercambiar opinións e sensacións sobre a obra  "O  conserxe"  de Xosé Luís Vázquez Somoza.

Tivemos a sorte de contar coa presenza do autor da novela; así puidemos comentar, "criticar"  o libro e facerlle moitas preguntas ao escritor sobre diferentes aspectos da escrita ( por que unha das protagonistas é de Castroverde,cando escribe,por que ten ese final, se vai continuar a historia...,por exemplo).

Tamén houbo  tempo para ler fragmentos da obra, para compartir lecer e percorrer un curto traxecto do Camiño Primitivo, o que vai de Vilar ata a igrexa de Soutomerille.

Na actividade participaron as profesoras de Lingua Galega de ambos os centros, a profesora de Física e Química e outros docentes do noso centro.

 

Foi xornada didáctica, divertida...

TERTULIA DIALÓXICA DO 8 DE MAIO

O 8 de marzo, o alumnado de secundaria realizou unha tertulia dialóxica sobre unha escolma de textos da agrupación anarquista "Mulleres Libres", que desenvolveu a súa actividade durante os anos da Guerra Civil.

TRABALLO SOBRE OS ENTROIDOS TRADICIONAIS GALEGOS

O alumnado de 1° ESO elaborou un traballo sobre o Entroido galego na clase de Lingua Galega e Literatura.

Procuraron información sobre os distintos personaxes do noso Entroido,dende os Peliqueiros de Laza, as Pantallas de Xinzo de Limia ou os Cigarróns de Verín ata outros menos coñecidos como os Vergalleiros de Sarreaus, o Entroido Ribeirao ou os Galos da Mezquita.

VER TRABALLOS

VISITA AO CENTRO DE MAIORES

Actividade Club de Lectura

O alumnado de 3° ESO fixo este martes unha visita á Residencia de maiores "O Castro" de Castroverde,para ler e recitar diferentes textos aos intern@s.

A maioría dos textos eran contos ,lendas ou poemas da tradición oral galega como a lenda da lagoa de Cospeito; o poema do piollo e a pulga que querían casar ,que sacou un sorriso aos maiores;o conto "O tesouro de Pin en Navia de Suarna"; unha versión da lenda da Cova da Serpe  entre outros.

 

Foi un encontro enriquecedor e moi gratificante xa que os maiores desfrutaron cos presenza dos máis novos, a lectura dos textos,participaron facendo algún comentario e ata nos cantaron dúas cancións.E os rapaces e rapaces viron de preto a vida nun centro de maiores que lles serviu para achegarse a outras realidades.

PREME PARA VER OS VÍDEOS

 

Distribuir contenido