Centro plurilingüe e auxiliar de conversa, Plan de mellora da biblioteca, Proxecto de formación no centro, Apadriñamento lector

MONKEY PUZZLE

 

Dúas alumnas e un alumno de sexto de primaria ofrecéronse para contar unha historia en inglés ao alumnado de 5º de E. I. Primeiramente a profesora escolleu un conto orixinal en inglés e adaptouse para o nivel de 5º de E.I. Os tres voluntarios prepararon na casa e en momentos libres a posta en escea e aprenderon os seus textos. Practicaron durante o descanso despois de comer e cando chegou o almunado de EI á aula atopáronse coa sorpresa. 

Nesta actividade os máis pequenos disfrutan e aprenden cos maiores pero estes aprenden aínda máis grazas aos cativos pois teñen que memorizar a súa parte, interpretala, traballar a entoación, pronuncia, léxico e estruturas, fluidez e ,o que é máis importante, enfrontarse a un público.

Verdadeiramente foi unha experiencia xenial cun comportamento exemplar, tanto por parte dos contacontos coma da audiencia. Seguro que imos repetir pois xa hai outros 11 voluntarios á espera.

 
 

APADRIÑAMENTO LECTOR DE 5º DE PRIMARIA E 4º DE EI

A semana pasada os nenos e as nenas de 4º de Ed. Infantil poideron disfrutar unha vez máis da lectura dos seus padriños e madriñas de 5º Ed. Primaria. Quedaron tod@s encantad@s!!!

INDIAN RECORDS

Soft Peach Green And Orange Illustration Fun Facts About India Infographic de Isabel Pérez García

 

O alumnado de sexto de primaria aprendeu máis cousas sobre a India da man da nosa auxiliar de conversa. Esta vez falamos de récords de todo tipo: a montaña máis alta, a cidade máis antiga, etc. Isto tamén lles axudou a usar os superlativos e unha grande cantidade de palabras e estruturas relacionadas coa xeografía.

Ao final da sesión escribiron en pequenos grupos o que recordaban da presentación.

Utilizamos toda esta información para xogar a Snakes and Ladders nos grupos interactivos a seguine semana.

Aquí vemos o que saiu despois de xuntar todas as aportacións. Preme para ver as dúas páxinas.

ON THE PHONE

O alumnado de 3º de primaria realizou unha serie de actividades dentro do proxecto "On the phone". O obxectivo era chegar a manter unha conversa cun compañeiro oara convidalo a ir a algún sitio.

O proceso foi o seguinte:

- Elaborar o teléfono seguindo as instrucións da auxiliar de conversa.

- Elaborar a lista dos números de teléfono dos compañeiros (Telephone Directory) preguntando a cada un e anotando na táboa.

- Practicar unha conversa sinxela oralmente marcando oralmente antes o número da persoa á que se quere chamar.

- Utilizar a conversa escrita para practicar lectura e as estruturas traballadas.

O alumnado implicouse moito nesta actividade, chegando incluso a improvisar con eficacia partes da conversa. Escoitáronse comentarios como: "Este parece o teléfono de miña avoa!” Pero a pregunta que xurdía sempre era... "Cando podemos levar o teléfono para a casa?"

 

FANTASTIC ANIMALS

Na clase de 3º fixemos un libro de animais extraordinarios, creados por nós, e que explicamos a todo o grupo. Click to open and have fun!

Distribuir contenido