Centro plurilingüe e auxiliar de conversa, Plan de mellora da biblioteca, Proxecto de formación no centro, Apadriñamento lector

CONFERENCIA DE SANDRA RACIONERO- Formación do voluntariado

15/01/2014 16:30
15/01/2014 19:30

O día 15 de xaneiro de 2014 terá lugar unha Conferencia da Dra. Sandra Racionero (Universitat Internacional de Catalunya). Sandra Racionero ten un dobre doutorado en Psicoloxía da Educación e Currículum pola University of Wisconsin-Madison.  

Poden asistir todas as persoas que estean interesadas. Tratará sobre  APRENDIZAXE dialóxica nas actuacións educativas de éxito.

Terá lugar no salón de actos do CPI de Castroverde a partir das 16.30 horas.

Conferencia de Lidia Puigvert

09/12/2013 16:30
09/12/2013 18:30

Videoconferencia da Dra. Lidia Puigvert, profesora da Universidade de Barcelona, membro de CREA.A conferencia tratará sobre Estratexias  para a prevención da violencia de xénero entre a xente nova e os adolescentes. Terá lugar no salón de actos a partir das 16.30.

COMUNIDADES DE APRENDIZAXE

Os profesores do CPI de Castroverde estamos aprendendo o que son as Comunidades de aprendizaxe que tanto éxito parecen que teñen neutros lugares do mundo para mellorar a calidade educativa e para mellorar os resultados dos noso alumnado. Nesta liña xa están a traballar algúns compañeiros e estamos tendo novas ideas que nos poden servir para mellorar. O primeiro poñente, Joan, veu de Barcelona e falounos das matemáticas nas comunidades de aprendizaje fundamentalmente. Tamén tivemos a presencia de Amaya Puertas, da Comunidade de Madrid e Ramón Flecha da universidade de Barcelona.

CURSO

PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Temos concedido novamente o Plan de Mellora da Biblioteca Escolar.

Con el preténdese non so que conte cun meirande número de volumes se non tamén que se convirta nun espazo vivo dende o que se xeneran ideas e no que se levan a cabo actividades de diverso tipo, todo iso coa finalidade última de que o noso alumnado lea cada vez máis.

Máis información

PROXECTO DE FORMACIÓN EN CENTRO

Estamos pendentes da aprobación dun proxecto de formación no centro que engloba tres itinerarios formativos en torno ás competencias dixitais, lingüísticas, matemñaticas e de coñecemento do medio.

Distribuir contenido