Dinamización da Lingua Galega
DÍA DE ROSALÍA EN ESO. ACTIVIDADE DE MÚSICA E LINGUA GALEGA
No CPIP de Castroverde celebramos o Día de Rosalía coa interpretación musical dun dos seus poemas, o titulado "Alborada"; o alumnado de 1° e 3° ESO leu o manifesto escrito pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e fíxose ,nun dos taboleiros de secundaria,unha exposición de poemas da autora galega e de poemas adicados a ela.Ademais nas clases de Lingua Galega léronse e escoitáronse algúns poemas da autora.
DÍA DE ROSALÍA EN 4º DE PRIMARIA
DÍA DE ROSALÍA
O día 23 de febrero celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Escritora galega e defensora da lingua, dos dereitos das mulleres, dos pobres...do pobo galego.
Destacan as súas obras “ Follas Novas”, “Cantares gallegos” e “ A orillas del Sar”.
En 3º de primaria comenzamos por coñecer un pouco a súa vida e as súas obras. Despois fixemos unhas postais co seu retrato e un verso moi significativo: “Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino”.
No seu interior escribimos unha estrofa dalgún dos seus poemas.
A LINGUA GALEGA É UNHA OPORTUNIDADE
O escritor e sociolingüista galego ,Manuel Núñez Singala, deu unha charla a todo o alumnado da ESO no salón de actos do CPIP de Castroverde.
A charla titulouna :"A lingua galega é unha oportunidade".
Falou da riqueza que supón a diversidade lingüística, dos condicionantes que hai á hora de elixir o idioma que falar, dos prexuízos lingüísticos...