Actividades de secundaria

DÍA DAS MATEMÁTICAS: O NÚMERO PI

Póster elaborado polo alumnado de 2 de ESO.

 

Ademais de diversas curiosidades moi interesantes  sobre o número pi, ten na parte inferior os decimais representados coas barras.

TERTULIA DO 30 DE XANEIRO

O luns 30 de xaneiro, no horario de tarde, conmemoramos o Día da Paz escolar en secundaria, cunha tertulia sobre unha escolma de textos da Guerra Civil en Galicia. Resultou unha tertulia moi interesante e con gran participación, na que quedou especialmente subliñado que incluso en tempos de guerra, debemos tratar de manter os nosos principios e valores.

VISITA Á FACULTADE DE CIENCIAS

Visita do alumnado de 4ESO aos Laboratorios da Facultade de Ciencias dentro do programa "Ciencia para Xoves Investigadores".

VISITA Á TORRE DE CASTROVERDE

 

O luns 9 de xaneiro o grupo de 2º da ESO visitou a Torre de Castroverde coa profesora de Xeografía e Historia na primeira hora de clase. Visitamos a praza do rolo e imaxinamos o ambiente que podería haber na Idade Media, así como o trazado das rúas medievais. Observamos pedras con inscricións que pertenceron ao antigo castelo medieval e visitamos a Torre, recoñecéndoa como parte dun castelo que ocuparía a superficie de dous campos de futbol de primeira división e que tería dúas murallas, un foxo, a súa ponte levadiza, alxibe, capela, hospital de peregriños e cemiterio, así como dous patios: un de armas e outro de honra. Estudamos porque as portas está a esa altura, que habería en cada un dos 5 andares, identificamos o escudo dos Castro e especulamos sobre a figura esculpida sobre a porta que semella un gaiteiro, pero que probablemente se trate dun guerreiro. Analiamos a función do matacán da parte superior da torre, a importancia de estar situado o castelo a unha certa altitude e a importancia das familias propietarias deste Castelo durante a Idade Media. Por último estudamos o cambio das seteiras ao tipo de bola e cruz adaptado ás armas de fogo que se inventaron xa no cambio á Idade Moderna e o deterioro e estado de mala conservación do noso patrimonio.

Distribuir contenido