Actividades de secundaria
TEATRO: 4º DA ESO
O domingo, 18 de decembro, as alumnas e alumnos de 4º de ESO organizamos, coa axuda de varios profesores do centro, función que incluiu tres obras de teatro e dúas actuacións musicais. A recaudación foi destinada a financiar parte da viaxe a Andorra que se celebra en xaneiro.
EXCURSIÓN A BURELA
A pesar da choiva e do mal tempo marchamos de excursión e todo foi ben. Visitamos Alúmina onde aprendimos o proceso para facer o aluminio e a grande cantidade de enerxía que se precisa. Vimos un vídeo e fomos pola fábrica no autobús cun home da terra que traballa alí e que nos explicou todo moi ben. El e o seu compañeiros fóronnos explicando todo o proceso de transformación, as medidas de seguridade, os riscos, o intento de non contaminar…alí plantamos unha árbore e regaláronnos unhas camisetas e un pouco de aluminio das probas de resistencia. Despois fomos a Sargadelos e nos asombrou o tratamento bastante manual das pezas. Vimos como ían pintando e repasando peza a peza. ¡Menudo traballo!. Despois comimos, paseamos e fomos o concurso de Robótica e logramos programar os ordenadores robots…¡Incrible!
VISITA AO MUSEO PROVINCIAL E Á EXPOSICIÓN "RÍOS DE GALICIA: TESOUROS DE VIDA"
O día 23 de setembro do 2010 o alumnado de 3º e 4º ESO fomos ao Museo Provincial de Lugo. Ao chegar distribuirónnos en dous grupos: o alumnado de terceiro visitamos o claustro, a cociña, os mosaicos e alguna lápida funeraria de relevancia; mentras o alumnado de cuarto aprendía outro xeito de ollar os cadros e algunhas nocións básicas sobre arte. Logo acodimos á Deputación, para visionar o documental “Augas vivas de Galicia” que estuda os ecosistemas fluviais galegos e gozar da exposición fotográfica “Ríos de Galicia: tesouros de vida”, ambas englobadas na actividade de centro “Os nosos ríos...fonte de vida”
IV OLIMPÍADA TECNOLÓXICA
O 28 de maio celebráronse probas tecnolóxicas, actividades de divulgación, maxia e senderismo. Participaron alumnos e alumnas de ESO do CPI de Castroverde, CPI Virxe dos Remedios de Castrocaldelas, CPI de Cervantes, CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro, CPI de Seoane do Caurel e IES Leiras Pulpeiro de Lugo.
SENDERISMO POLO CAMIÑO PRIMITIVO
Estiveron organizadas pola Asociación Educativa Tecnogalicia coa colaboración do CPI de Castroverde, o Concello de Castroverde, IES San XIllao, Xacobeo 2010, Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, Saneamientos Riga, Martín Barrasa Rioja, Joaquín López Fernández,a Axenda 21 Escolar de Galicia e a Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde.
VIAXE DE ESO A PONTEVEDRA. AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA
Posta en común con outros centros participantes na Axenda 21.