Actividades de secundaria

VISITA AO PARLAMENTO DE GALCIA

As alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO asistimos en Santiago, o día 10 de outubro, a un cacho da sesión parlamentaria.

VISITA AO PARLAMENTO

EXCURSIÓN A SALAMANCA E AS MÉDULAS


O día 20 e 21 de xuño os alumnos do 1º ciclo da ESO visitamos a aula arqueolóxica e a mina aurífera das Médulas en León, logo dirímonos a Salamanca onde vimos a Praza Maior, a Universidade, Convento de San Esteban as dúas catedrais, a Casa das Conchas , Museo Lis e  a ponte romana sobre o río Tormes. Nesta visita os  alumnos fixeron de guias turísticas preparando por grupos a explicación de cada monumento. Foron acompañados por Luisa e Beatriz

EXCURSIÓN A BASTIAGUEIRO E A CORUÑA

Os alumnos de 3º e 4º da ESO visitamos a praia de bastiagueiro onde practicamos xogos tradicionais e fomos á Domus, na Coruña, onde puxemos a traballar a nosa mente, pesámonos, medimos a nosa forza e descubrimos moitas cousas interesantes sobre nós mesmos.


Que pedimos?


Fotos

SAÍDA Á MARRONDA (O CÁDAVO)

A Marronda é un dos bosques de faias máis importantes de Europa. Está incluido na Rede Naura 2000 e é Reserva da Biosfera. É un lugar de interese comunitario(LIC).
Os alumnos de 1º e 2º de ESO visitámolo o día 17 de xuño como complemento ao que estudamos en ciencias naturais. Acompañáronnos as profesras Nélida, Luisa e Beatriz.


Grupo de alumnos


Fotos

OLIMPÍADA TECNOLÓXICA

cartel


O día 6 de xuño celebrouse en Lugo a V Olimpíada Tecnolóxica. Participaron o IES Leiras Pulpeiro, que foi o organizador, e os centros de Castroverde, Castro Caldelas, Cervantes e o Caurel. Na zona vella instaláronse diversas probas tecnolóxicas. A ciencia, baixo o lema "Sapere Aude" (atrévete a saber), tomou a ciddade: uns na Praza Maior, outros no Museo, na Praza do Campo ou no fermoso claustro da Catedral... A mistura entre a técnoloxía e a antigüidade asolagou as rúas de cores diferentes, a cidade estaba enchida de mocidade. No medio das probas tomamos un aperitivo e continuamos coas probas. A relación entre todos foi moi positiva, coñecemos xente nova e aprendemos moitas cousas. Despois fomos comer ao Leiras Pulpeiro onde nos fixeron e serviron o xantar os alumnos do IES San Xillao, entre os que estaban algúns alumnos do Centro que recibiron o noso aplauso polo ben que o fixeron. Seguidamente viñeron os discursos das autoridades a a actuación do mago Rafa que, coma sempre, nos sorprendeu cos seus trucos e a súa simpatía. A tronada impediunos dar o paseo pero fómonos moi satisfeitos e cunha nova experiencia na mente. ¡O ano que vén máis!


FOTOS

Distribuir contenido