Actividades de primaria

TODO UN MUNDO DE PLASTILINA

Na entrada do edificio de primaria pódese contemplar unha mostra de figuras de plastilina que representan esceas históricas e do día a día. O artesano creador da mostra foi o noso compañeiro de sexto, Javier.

MARIÑEIROS POR UN DÍA: EXCURSIÓN 5º E 6º DE EP

O alumnado de 5º e 6º de EP participou o día 15 de Xuño nunha excursión á mariña lucense con parada na lonxa de Celeiro, onde lles explicaron o funcionamento da mesma e lles deron valiosos consellos para identificar o peixe. Posteriormente visitaron o helipuerto onde coñeceron de primeira man o traballo da tripulación do "Pesca 2" e o helicóptero que utilizan nas tarefas de salvamento.

Tamén se achegaron ao centro de formación de mariñeiros para, de seguido, xantar ao lado da praia de covas en Viveiro, na cal mollaron os pés e disputaron un partido de fútbol.

Pola tarde tocou visita ao "Museo do mar" de San Cibrao, merenda e volta para o cole.

Excursión 3º e 4º de E.P.

 

Os nenos de 3º e 4º de E.P visitaron onte a costa lucense de Ribadeo. Estiveron na praia das Catedrais e realizaron un paseo en barco pola ría entre outras actividades. 

 

 

 

 

PROGRAMA DE RADIO CON XOGADORES DO BREOGÁN

O alumnado de 5º visitou o 2 de Maio pola tarde "Marzo Saúde" de Castroverde para asistir a gravación en directo do programa de radio "Ser Deportivos" coa asistencia da xogadora do Ensino Lugo Raquel Asensio e dos xogadores do CB Breogán Salva Arco, Ricardo Uriz e Sergio Quintela, este último de Castroverde, aos que lles fixeron preguntas sobre aspectos deportivos, estudos, etc.

Podedes escoitar o programa en http://play.cadenaser.com.

Distribuir contenido