Actividades de primaria

ENCONTRO LITERARIO CON MARÍA SÁNCHEZ

Texto: Na materia de Lingua Castelá, estivemos traballando co libro Almáciga da autora María Sánchez. Nel a autora recolle unha serie de palabras do ámbito rural en risco de desaparecer e constrúe así o seu pebideiro de palabras, a súa almáciga. Nós, convidados pola autora, tamén estamos a procurar as nosas palabras-semente.

 

O próximo 2 de novembro falaremos con ela sobre este tema.

SAMAÍN EN 5º E 6º

 

Celebramos este Samaín con arrepiantes historias. Preme no enlace para escoitalas de man de moitos de nós.

ENLACE AOS VÍDEOS. ARREPENTIRASTE!!!!!

 

 

DÍA DA FAMILIA EN 1º DE PRIMARIA

No día da familia (15 de maio) o alumnado de 1º de EP realizou unha representación da súa familia que xa fixera en 6º de EI, a maiores, grabou un video contando quen é a súa familia para eles e porqué son importantes. Ese video está enlazado cun código qr e posto na portada do traballo.

LECTURAS CON REALIDADE AUMENTADA

Na clase de segundo de primaria estivemos lendo un conto con ilustracións en realidade aumentada. Parecía que os personaxes cobraban vida!

OUR FAVORITE PLACES IN GALICIA AND CASTROVERDE

 

En sexto de primaria elaboramos pequenas presentacións en inglés sobre lugares que recomendamos para visitar no noso concello e tamén en Galicia.

Distribuir contenido