ANEXO II DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/24

Achégase o anexo II que deben cumprimentar as familias por cada alumno ou alumna matriculado neste centro. Agradecemos que o entreguen en secretaría antes do día 21 de xullo de 2023.

 

Por outra parte, as persoas que desexen colaborar no comedor escolar para o vindeiro curso deberán cubrir o anexo III e entregalo en secretaría.

 

COLLEITA DE VERÁN

En cada estacón o noso horto agasállanos con diferentes alimentos.

SOMOS PROTAGONISTAS

O alumnado de 5° de E.I.durante o segundo trimestre, participou no proxecto "O protagonista da semana".

A investigación estivo centrada en tomar conciencia do "outro"(como son eu, como son os demais), descubrindo cousas que nos identifican e nos diferenzan e buscando fomentar a tolerancia e respecto á diversidade.

Priorizamos os obxectivos de: buscar a implicación familiar, fomentar a autoestima, asumir responsabilidades e privilexios, favorecer a comunicación e expresión verbal, progresar no coñecemento de si mesmo, manifestar gustos, preferencias, necesidades e sentimentos e coñecer profesións, costumes e tradicións propias e alleas.

 

Entre as diferentes actividades realizadas destacamos a elaboración do "libro do protagonista" e a visita familiar.

Distribuir contenido