EXCURSIÓN A BURELA

A pesar da choiva e do mal tempo marchamos de excursión e todo foi ben. Visitamos Alúmina onde aprendimos o proceso para facer o aluminio e a grande cantidade de enerxía que se precisa. Vimos un vídeo e fomos pola fábrica no autobús cun home da terra que traballa alí e que nos explicou todo moi ben. El e o seu compañeiros fóronnos explicando todo o proceso de transformación, as medidas de seguridade, os riscos, o intento de non contaminar…alí plantamos unha árbore  e regaláronnos unhas camisetas e un pouco de aluminio das probas de resistencia. Despois fomos a Sargadelos e nos asombrou o tratamento bastante manual das pezas. Vimos como ían pintando e repasando peza a peza. ¡Menudo traballo!. Despois comimos, paseamos e fomos o concurso de Robótica e logramos programar os ordenadores robots…¡Incrible!

 


 

Foto de grupo

Ver fotos

MAGOSTO 2010/11

No mes de outubro tivo lugar no Centro o Magosto onde viñeron pais e compartimos entre todos as castañas que trouxeron os nosos nenos para a festa. Pasamos unha tarde boa e mesmo algúns rapaces con Cándido aproveitaron para cantar e tocar o acordeón. Non faltou de nada, mesmo tiñamos un pequeño mercadillo con cousas feitas polos alumnos de 4ºEso para ter cartos para a súa excursión á neve. Tamén entregáronse os premios da festa de Alojen e fíxolles ilusión tanto os pais coma os seus fillos. Unha boa xornada de unión entre tódolos menbros da Comunidade escolar.

magosto

Ver máis fotos

VISITA AO MUSEO PROVINCIAL E Á EXPOSICIÓN "RÍOS DE GALICIA: TESOUROS DE VIDA"

 

 

 

 

O día 23 de setembro do 2010   o alumnado de 3º e 4º ESO fomos ao Museo Provincial de Lugo. Ao chegar distribuirónnos en dous grupos: o alumnado de terceiro  visitamos   o claustro, a cociña,  os mosaicos  e  alguna lápida funeraria de relevancia; mentras o  alumnado de cuarto aprendía  outro xeito de ollar  os  cadros e algunhas nocións básicas sobre arte. Logo acodimos á Deputación,  para visionar o documental  “Augas vivas de Galicia” que estuda os ecosistemas fluviais  galegos e gozar da exposición fotográfica “Ríos de Galicia: tesouros de vida”, ambas englobadas na actividade de centro “Os nosos ríos...fonte de vida”

 

 

 

 

                        

   

 

 

               

        

REVISTA SEMENTEIRA

Está na rúa a revista SEMENTEIRA onde se recollen algunhas das actividades realizadas durante o curso 2009/2010.

Portada

EDUCACION INFANTIL:RUTA DO CAMIÑO PRIMITIVO

 

Ruta do camiño primitivo por Castroverde, dende a fonte do Trabado ata o Concello.

Distribuir contenido