Criterios de atención á diversidade

CRITERIOS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Descargar documento  

Como entendemo-la diversidade:

O modelo de escola comprensiva supón acepta-la existencia dun currículo común para toda a poboación escolar como forma de acceso ós elementos básicos da cultura. Trátase, no esencial, de ofrece-lo mesmo currículo básico, as mesmas experiencias educativas e de aprendizaxe para todos e para todas dentro da mesma institución escolar.

Unha opción de escola comprensiva que admite a tódolos ciudadanos e ciudadanas das idades correspondentes, leva aparellada a necesidade de respecta-las diferencias individuais en capacidade de aprendizaxe, coñecementos previos, intereses e motivación e de ritmos e estilos de aprendizaxe dos alumnos e as alumnas.

Existe unha estreita relación entre comprensividade e diversidade. Unha vez decidido o currículo común para tódolos alumnos é preciso ofrecer estratexias diversificadas de ensino-aprendizaxe axustadas á diversidade de necesidades educativas.

Cando falamos de atención á diversidade referímonos a tódalas medidas adoptadas polo centro encamiñadas a proporcionar a cada alumno e a cada alumna a resposta educativa máis axustada ás súas necesidades e non se reduce a un tipo concreto de alumnos cunhas necesidades específicas dirivasdas dunha característica física, psíquica ou social

A RESPOSTA Á DIVERSIDADE DO ALUMNADO:

As formas de atender á diversidade de capacidades, intereses e motivación do noso alumnado é unha responsabilidade colectiva que implica a toda a comunidade educativa, e de maneira máis específica ó sector docente.

As medidas de atención á diversidade deben iniciarse na elección dun currículo propio do centro a través da elaboración dun proxecto educativo, un proxecto curricular e programación de aula pensadas para facilita-la resposta máis adecuada ás diferencias individuais.

O Proxecto Curricular de Centro é un documento fundamental que condicionará tódalas medidas posteriores de atención á diversidade, por eso propoñemos os seguintes eixos centrais para a elaboración do PCC:

A - REFERIDAS ÓS OBXECTIVOS:

1 - Defini-los obxectivos como capacidades, o que implica utiliza-los como guías para o ensino e referencias para a observación e avaliación dos procesos de aprendizaxe e non como metas a superar.

2 - Contemplar que os obxectivos desenvolven de maneira equilibrada as capacidades motrices, de equilibrio persoal, de relación interpersoal e de inserción social ó mesmo nivel e coa mesma valoración que as correspondentes capacidades cognitivas.

3 - Prioriza-los obxectivos que contribúen a desenvolver capacidades transversais a todas ou á maioría das áreas.

B- REFERIDAS ÓS CONTIDOS:

4 - Seleccionar contidos nucleares e fundamentais que sexan aplicables e útiles en tódalas áreas e en tódolos ciclos da etapa.

5 - Asegurarse que nos bloques de contidos existe unha distribución equilibrada entre os tres tipos de contidos (conceptuais, procedimentais e actitudinais)

C - REFERIDAS Á METODOLOXÍA:

6 - Asegurarse a construcción de aprendizaxes significativas, partindo do nivel de desenvolvemento e dos coñecementos previos do alumnado.

7 - Fomenta-la capacidade de "aprender a aprender", que os alumnos sexan capaces de facer aprendizaxes significativas por si sós.

D . REFERIDAS ÁS OPCIÓNS ORGANIZATIVAS:

Buscar opcións organizativas a nivel de centro e de aula que:

8 - Fomenten a interacción e a cooperación entre os alumnos e as alumnas con diferentes capacidades, intereses e motivacións.

9 - Que faciliten a execución autónoma de tarefas polo alumnado, individualmente ou en grupo.

10 - Que permitan a flexibilidade nos horarios, e a distribución e agrupamento do alumnado priorizando a hetereoxeneidade dos grupos.

E - REFERIDAS Á AVALIACIÓN:

11 - Avalia-los tres tipos de contidos: conceptuais, procedimentais e actitudinais.

12 - Utilizar estratexias e instrumentos de avaliación para os diferentes momentos do proceso de aprendizaxe, que recollan de forma cualitativa os resultados e fomenten a autoavaliación do alumnado.

13 - Definir claramente en función de que criterios se tomará a decisión de promoción do alumnado (integración social, evolución das aprendizaxes, ...) e determina-las axudas pedagóxicas, medidas de reforzo educativo ou adaptación curricular que se adoptarán

Alumnos con n.e.e.:

Un alumno ou alumna ten necesidades educativas especiais cando presenta unhas dificultades para acceder ó currículo da etapa superiores ás que presenta a maioría dos alumnos da súa idade.

O centro procurará responder ás necesidades educativas dos seus alumnos e alumnas no ámbito das actuacións pedagóxicas que configuran a maneira habitual de proceder do equipo docente no centro e nas aulas. En ocasións, sen embargo, as necesidades educativas dalgúns alumnos ou alumnas requiren a adopción de medidas particulares.

As medidas de reforzo educativo

Entendemos por Reforzo Educativo aquelas adaptacións do currículo, relativamente estables ou permanentes, que afectan só a elementos non prescriptivos do currículo: metodoloxía, agrupamentos, temporalización, formas e instrumentos de avaliación, etc.

Non consideramos R. E. aquelas medidas de reforzo que forman parte do proceso habitual de individualización didáctica e que o profesor realiza ocasionalmente con cada un dos seus alumnos.

As medidas de reforzo educativo serán adoptadas polo profesor da área, co coñecemento do titor, contando, ou non, co asesoramento ou o apoio docente do Departamento de Orientación. En ningún caso este apoio pode supli-la responsabilidade do profesor respecto do proceso educativo do alumno.

O profesor que realice un R. E. con algún dos seus alumnos, informará por escrito (anexo I e II) ó titor ou a titora das medidas adoptadas e dos resultados que se logren coa aplicación desa medida. O titor comunicarállo á familia no apartado de observacións do boletín de notas e, de consideralo necesario, establecerá unha entrevista na que se concretarán as medidas adoptadas. Ademais se lle comunicará ó Xefe de Estudios (anexo III).

É importante que se transmita ó titor información detallada sobre as medidas de Reforzo Educativo, as modificacións que se introduzan e os resultados obtidos da súa aplicación, porque constituirán a base sobre a que asentar outras medidas de Reforzo Educativo ou as medidas de AC. Estas medidas de Reforzo Educativo deben figurar no expediente do alumno, por canto constitúen un requisito para poder acceder a un Programa de Diversificación Curricular.

As medidas de adaptación curricular:

As medidas de Adaptación Curricular (ACI) supoñen a modificación dalgún dos elementos prescriptivos do currículo: obxectivos contidos ou criterios de avaliación.

As medidas de Adaptación Curricular para un alumno só se adoptarán unha vez esgotadas as medidas ordinarias de intervención educativa. É importante, como xa dixemos, que o profesorado rexistre as medidas de R.E. aplicadas ó alumno así coma dos resultados obtidos da súa aplicación e as variacións ou adaptacións que se introducen nelas.

O deseño e desenvolvemento das AdaptaciónsCurriculares é responsabilidade do profesor que imparte a área ou materia ó alumno coa colaboración do departamento didáctico, o asesoramento do responsable da orientación educativa no centro, o profesorado de apoio e, se é o caso, de calquera outro profesional que participe na atención ó mencionado alumno.

Para realizar unha adaptación curricular será necesario realizar unha avaliación diagnóstica, coordinada polo xefe do departamento e na que colaborará o titor e o equipo docente nos aspectos que lles correspondan como se sinala noutro lugar deste documento.

Nunha reunión coordinada polo xefe de estudios e á que asistiran o titor, os profesores que imparten as áreas ou materias que se pretende adaptar, o xefe do Departamento de Orientación, o profesor ou profesora de apoio e calquera outro profesional que participara na avaliación do alumno ou a alumna, decidiráse a conveniencia ou non de realiza-la adaptación curricular, así coma que elementos do currículo deberán ser modificados.

A adaptación curricular deberá presentarse ó Xefe de Estudios que a remitirá á Inspección Educativa para a súa aprobación.

Organización dos apoios:

A atención educativa a alumnos con necesidades educativas especiais estará integrada na actividade normal da aula e será responsabilidade do profesor de cada área.

O profesor titor será o responsable de coordina-las medidas de atención ós alumnos con N. E. E do seu grupo de titoría.

Para o cumprimento destas funcións, tanto o profesor de área como o profesor titor, contarán co apoio e asesoramento do Departamento de Orientación, especialmento do profesor de apoio á integración e do profesor de psicoloxía e pedagoxía.

O apoio do profesor especialista en PT:

Os profesores e profesoras que reciban algún tipo de apoio na atención ós seus alumnos establecerán un horario de coordinación co departamento de orientación para a programación, seguimento e avaliación destas activides.Esta reunión será como mínimo quincenal nas áreas que teñen un horario máis amplo e mensual nas demáis.

A colaboración do profesor ou da profesora de apoio á integración para o tratamento educativo das N. E. E., será programada en función das necesidades do centro e de cada aula.

As medidas de apoio irán dende as mais xerais ás máis particulares.

1 - Apoio indirecto:

1.1 - Apoio no deseño de unidades didácticas que permitan atender á diversidade de alumnos da aula. Asesoramento sobre as medidas xerais de atención á diversidade.

1.2 - Apoio no deseño de medidas específicas de atención a alumnos con N. E. E. Asesoramento sobre as medidas específicas de atención á diversidade: Adopción de medidas de adaptación do currículo (Reforzo Educativo ou Adaptación Curricular)

1.3 - Adaptación de materiais. Adaptación dos materiais de aula ás necesidades dos alumnos e as alumnas con necesidades educativas especiais.

2 . Apoio directo:

A colaboración do profesor ou a profesora de PT na atención a alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais terá as seguintes características:

1 . É unha labor de apoio que non pode sustituir en ningún caso a responsabilidade do profesor ou profesora.

2 . Realizaráse preferentemente dentro da aula ordinaria e estará orientada a que tódolos alumnos participen no grao máis alto posible nas actividades ordinarias de ensino-aprendizaxe.

3 . Entenderáse sempre como un APOIO Á AULA e non apoio a alumnos individuais O profesor ou a profesora de PT programará co profesor ou a profesora de área as actividades de apoio directo. Poderá revesti-las seguintes formas:

1.1 - Colaborar na atención educativa en agrupamentos flexibles. Coa correspondente autorización da inspección educativa.

1.2 - Colaboración na atención xeral ás actividades da aula.

1.3 - Atención a grupos de alumnos que presenten algunha dificultade, sexan ou non considerados con N. E. E:

1.4 - Realiza-las actividades programadas co alumnado con N. E. E da aula.

Cando as necesidades educativas dun alumno ou dunha alumna lle impidan participar anque sexa nun grao mínimo das actividades da aula ordinaria nunha ou varias áreas, poderán programarse sesións de apoio individual ou en pequeno grupo fóra da aula ordinaria. Estas saídas estarán previstas nas adaptacións curriculares e durante un tempo que non poderá exceder da terceira parte da xornada escolar. A decisión de que un alumno ou alumna reciba atención educativa fóra da aula será adoptada por consenso entre o xefe do D. O., o profesor ou profesores de área e o profesor de apoio á integración e precisará a aprobación do Xefe de Estudios.

SOLICITUDE DE INTERVENCIÓN DO D. O. NO CASO DE ALUMNOS CON NEE:

O DO pode intervir nas decisións educativas respecto de alumnos con NEE de dúas maneiras:

1 - Por iniciativa do propio D. O. cando se detecten NEE no desenvolvemento de actividades programadas polo Departamento, nas actividades de avaliación inicial ou a través de programas de detección de NEE.

2 - Por iniciativa do profesorado de área, do titor ou do equipo docente. Neste caso a demanda canalizaráse sempre a través do titor ou a titora.

Para solicita-la intervención do Departamento de Orientación en relación cun alumno o titor cumplimentará o anexo I.

DETECCIÓN DE NECESIDADES COLECTIVAS:

O DO pretende ter un coñecemento xeral das necesidades educativas colectivas, que afecten a sectores importantes do alumnado, co fin de ter datos de referencia para programa-las súas actividades e elaborar programas de intervención que poidan tratar de responder ás necesidades detectadas.

Con este fin os profesores de área cumplimentarán para cada grupo de alumnos que atenden o anexo IV. Cando ó cunplimenta-lo cuestionario no apartado de necesidades individuais se indiquen alumnos dos que se considera que poderían participar en medidas de apoio educativo apoio da profesora de PT, adopción de medidas de R. E. ou de A. C. deberá cumplimentar un cuestionario individual (anexo I ou II) se non se ten feito con anterioridade.

AdjuntoTamaño
CAD.doc57.5 KB