PRIMEIRA TERTULIA DIALÓXICA

Tertulias dialóxicas 29 de novembro 2012
Hoxe comezamos un novo proxecto no que todos e todas (alumnos, exalumnos, pais, nais, amigos, veciños, profesores, …) podemos participar. O proxecto trata de coller unha obra literaria en galego ou en castelán e lela, despois cada un de nós di o que lle parece da obra ou salienta un aspecto da obra que lle chamara a atención e o comenta.
 Nesta primeira tertulia escollimos Un ollo de vidro de Castelao. A verdade foi que resultou moi interesante e penso que todos aprendimos cos comentarios duns e dos outros, moitas cabezas pensantes falando dun mesmo texto fai que vexas distintas lecturas, distintas sensacións, distintas apreciacións…e que saias da tertulia cunha sensación moi agradable de ter aprendido moito, de ter escoitado verbas interesantes, sentimentos e paixóns que nin descubriras, este abrirnos os ollos uns aos outros resultou, cando menos para min, fascinante. Tratarei de plasmar algunhas das cousas que se dixeron, aínda que foron tantas que vai ser case imposible dicilas todas e pido desculpas polo que se me poida esquecer ou polos matices que se me escapen. LER MÁIS

FOTOS