SAÍDA DE 2º DE ESO Á TORRE DE CASTROVERDE

O xoves 23 de maio, a clase de xeografía e historia de 2º da ESO, desenvolveuse no entorno da Torre de Castroverde. Aprendemos sobre conservación do patrimonio e a súa posta en valor, e sobre o Castelo que se levantou no século XIV en Castroverde, do que aínda queda en pé a torre da homenaxe.
Dende o alto da torre, poderían verse unhas 1650 hectáreas de terreo. Era un poderoso castelo que ocupaba no seu perímetro máximo coma dous campos de fútbol de primeira división. Tiña dúas murallas, foxo, barbacana, ponte levadiza, dous patios (o de armas e o de honra), etc. A torre da homenaxe, que ainda queda en pé, tiña 5 andares. Nela pode verse o escudo dos Castro e un relevo, que probablemente represente a un guerreiro, sobre a porta de entrada, situada no segundo andar, e á que se accedería a través dunha escaleira de madeira, que podería eliminarse en caso de asedio. Puideron ver elementos como a latrina, aprender sobre a función do matacán superior, sobre os diferentes tipos de seteiras en función da existencia de armas de fogo ou non, etc.

AdjuntoTamaño
GridArt_20240525_081104163.jpg11.49 MB