TERTULIA DIALÓXICA: NOUR

O día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Ese día, na sesión da tarde, relizaremos unha Tertulia Dialóxica sobre unha escolma de fragmentos do libro "Nour, a historia real dunha nena refuxiada", traducido do castelán ao galego por profesoras do centro.
Coma sempre, pode participar calquera membro da comunidade educativa que o desexe. Achegamos aquí o texto nun documento PDF e tamén unha presentación en power point que axuda a comprender e seguir o texto.
Paz, xustiza e institucións sólidas, é o obxectivo 16 dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da ONU. Dende 2022, coa guerra de Ucrania, aumentou un 50% a morte de civiles en guerras. Agora, co conflito en Gaza, a preocupación aumenta. A historia de Nour, unha historia real da fuxida dunha familia de clase media por mor da guerra en Libia, servirá para poñernos na pel dos refuxiados e refuxiadas dos diferentes países do mundo; e tamén, de toda esa xente que non pode escapar.

AdjuntoTamaño
Tertulia Nour.pdf284.83 KB
NOUR A historia real dunha nena refuxiada.pptx_.pdf2.45 MB