DÍA MUNDIAL DO XOGO

Co gallo do Día Mundial do Xogo que cae a vindeira fin de semana, a biblioteca organizou, coa colaboración activa do departamento de francés, unha área de xogos de enxeño. Ademais de darlle moito que pensar ás alumnas e aos alumnos, como están feitos de madeira, sen plástico, nin pilas, seguimos na nosa liña dos ODS respectando o medio ambiente e favorecendo o traballo colaborativo. 

Antes de xogar, o alumnado de francés de 3° ESO redactou, en francés, as pautas para poder xogar e resolver cada desafío. 

Ademais, nas fiestras da biblioteca, podemos ler, tamén en francés, frases útiles para  comunicar cos compañeiros xogando. 

O alumnado de 4° ESO de francés tivo onte o privilexio de inaugurar as quendas de xogo puntuando o seu discurso con moitos adverbios! 

A verdade, é que non é tan doado como semella, algúns xogos quedaron sen resolver!

A actividade está aberta para todos os usuarios da nosa biblioteca. 

 

Esperamos a vosa visita.