DÍA DO LIBRO 2023
O equipo da biblioteca, parte do profesorado e o conxunto do alumnado volcouse na creación da exposición de bookface para celebrar o Día do Libro.
O proxecto implicou moita creatividade, enerxía, tempo e sentido do humor por parte dos participantes.
Este ano, mobilizámonos tod@s para publicitar unha grande variedade de libros. Hai que dicir que este curso temos a sorte de ter moitos grandes lectores afiliados á nosa biblioteca.
A exposición está ubicada en 3 sitios diferentes para unha maior visibilidade:
- na entrada do CPIP, díante de administración.
- na entrada da biblioteca e do comedor.
- na propia biblioteca, na nosa mega pantalla táctil.
Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e parabéns a tod@s @s nos@s lectores por ler, abrir a mente e cambiar o mundo que nos rodea.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
GridArt_20230422_200258914.jpg | 6.06 MB |
GridArt_20230422_201438828.jpg | 6.31 MB |
IMG_20230420_175413.jpg | 846.5 KB |