A OLA DE REGA
Nas clases de Proxecto Competencial, estamos a falar dos problemas de abastecemento de auga e traballamos sobre a película A fonte das mulleres.
Nese contexto, hoxe o alumnado descubriu coa profesora de francés un obxecto cuxa existencia ignoraban.
Trátase da "ola de rega". As olas entérranse e permiten manter as plantas hidratadas a longo prazo, sen desperdiciar a auga durante os períodos de seca.
É un invento francés en auxe que aínda é descoñecido aquí e que resulta moi útil para o uso eficiente da auga nos cultivos. Interésanos moito para as nosas hortas que sofren os efectos do cambio climático.
Agora ímolo probar no noso horto e facer estudos comparativos!