ST VALENTINE'S DAY IN CASTROVERDE

Unha celebración  na que o alumnado de *inglés* de 1° ciclo de ESO  traballou  non só contidos propiamente lingüísticos senón que     nos sumerximos en aspectos emocionais de vital importancia para os nosos e nosas adolescentes  afondando nas distintas características  que debe ter unha relación  sana e desbotando certos mitos do malentendido  como amor romántico.

Vocabulario, estructuras gramaticais, modismos e unha carga de formación  emocional tan importante como necesaria nestas etapas da mocedade.

Decoramos as escaleiras con lemas que deben rexir un amor san, adornamos o noso garda  real con frases adicadas ós nosos seres queridos, recitamos un soneto de Shakespeare,  visualizamos trailers de "rom com"(romantic comedies) e xogamos con un kahoot sobre o centro de interese para afianzar todos e cada un dos contidos aludidos. 

Colaborou neste proxecto *Noah Gordon* acercándonos de novo á cultura estadounidense para ver de cerca como celebran dous importante eventos de febreiro: Valentine's Day and Groundhog Day. A súa participación  e interese preparando material lúdico  desperta a euforia e entusiasmo do alumnado.

Deixamos testimuña de día adicado ó AMOR...en maiúsculas.

 

 Happy St Valentine!