SAN VALENTÍN NA AULA MAKER

Entre as diversas actividades programadas para celebrar o Día dos Namorados, o alumnado de secundaria realizou, na aula maker e durante a clase de valores, unha serie de carteis sobre o amor para colocar nas escaleiras. As frases escollidas, trataron de evitar os mitos do amor romántico que levan á violencia de xénero e falar dun amor igualitario e san.