CONCURSO ONCE

Novamente a ONCE felicítanos por ser o gañador provincial na categoría C (Educación Secundaria e BAC) do seu Concurso Escolar. O grupo de 3º da ESO, realizou, ao longo do curso, unha serie de interesantes actividades promovidas pola ONCE para axudar ao alumnado a ter un pensamento e unha actitude inclusivas. A profesora Cristina González Grandas, guiou ao alumnado nunha interesante aventura na que debían poñerse na pel de diferentes persoas con discapacidade, tanto a través de lecturas e  exercicios relacionados coa materia de Lingua Castelá e Literatura, como con actividades máis lúdicas como o xa famoso paseo por Castroverde en cadeira de rodas ou cos ollos tapados. O último exercicio tratábase do deseño e elaboración do boceto dunha bandeira inclusiva.
Parabéns ao grupo e á profesora.

AdjuntoTamaño
once.jpg5.72 MB