DE CASTROVERDE A TOKIO 2020

Aproveitando que este ano é ano olímpico propoñemos dende o Proxecto Deportivo de Centro un reto cooperativo no que implicaremos a toda a comunidade educativa. O reto consiste en trasladar a antorcha olímpica a Tokio (sede dos xogos) mediante unha suma conxunta de kilómetros. Estes kilómetros poderán rexistrarse tanto dentro do horario escolar, realizando voltas ao ximnasio, ou ben a través da medición de actividade empregando diferentes soportes dixitais (os cursos da ESO). Deste xeito dende os máis pequeniños de educación infantil ata o profesorado poderán participar.

 

O que se pretende con esta actividade será o fomento da práctica de actividade física tanto dentro como fora do horario lectivo favorecendo así unha mellora da saúde e da calidade de vida.
AdjuntoTamaño
CASTROVERDE_A_TOKIO.jpg2.53 MB