PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO. CURSO 2019/2020

Benvidos/as o proxecto deportivo de centro do CPIP de Castroverde. Outro ano máis dentro do Plan Proxecta promovido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional este CPI vai desenvolver unha serie de actividades co fin de promover estilos de vida saudables relacionados tanto coa práctica de exercicio físicocomo coa adquisición de hábitos de alimentación saudable no noso alumnado. A súa finalidade será a loita contra a obesidade e o sedentarismo tan arraigado nos nosos/as nenos/as e adolescentes, á vez que se buscará promover outro tipo de de valores como son a igualdade entre homes e mulleres, o "fair play", o respeto, o compañerismo, etc. Por este motivo dende o centro animamos ás familias a involucrarse no proxecto e a estar ao día das novidades do mesmo.