O RÍO CHAMOSO

Os datos recollidos amosaron unha boa calidade da auga que se completou co estudo dos macroinvertebrados presentes no río, así como as distintas árbores da Ribeira.

MATERIAIS DO PROXECTO

VÍDEOS DO PROXECTO:

ONDE ESTÁ  O RÍO CHAMOSO

OS MACROINVERTEBRADOS

A FLORA DO RíO CHAMOSO

AS ÁRBORES

A MAQUETA DO RÍO CHAMOSO

Os datos recollidos  polo alumnado o día 2 de maio de 2019 no Río Chamoso foron os seguintes:

Descrición do punto de mostraxe.

a) Anchura: Fixéronse tres medidas, logo calculamos a media.

  1 2 3
Anchura (m) 3,8 4,5 4,

  Am = 4,08 m

b) Profundidade:

  1 2 3
Profundidade(cm) 57 40 2

Pm= 41,67 cm = 0,42 m

c) Sección = anchura x profundidade = 4,08m x 0,42 m = 1,71 m2

d) Velocidade da auga. Cun cordel de 10 m, calculamos o tempo que tarda en percorrer ese espazo un pao.

  tm = 17,58 s.

  v = 10 m/17,58s = 0,57 m/s.

Cos datos anteriores calculamos o caudal do río:

Caudal = velocidade x sección = 0,57m/s x 1,71 m2 = 0,97 m3/s

3. Características físico-químicas da auga.

Enchemos catro tubos de ensaio coa auga do río e medimos:

  • Temperatura. Co uso dun termómetro de alcohol: Tª = 10ºC.
  • pH = 7
  • Nitratos: 0 – 10 mg/L
  • Osíxeno disolto: 4- 8 mg/L
  • Transparencia. Coa axuda do disco de Sechi anotamos o número do sector no cal podemos ler a fórmula química da auga. Nós puidemos observar todos os sectores.