Complementarias e extraescolares

25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25/11/2015 10:17
Europe/Madrid

Para levantar a nosa voz contra a violencia de xénero, levamos uns días traballando nas aulas: falamos do tema para concienciarnos do importante que é o respecto e a tolerancia, especialmente entre nenos e nenas, mozos e mozas, homes e mulleres, porque somos nós os que construímos a sociedade coas diferenzas que nos fan tan iguais en dereitos e deberes; tamén lemos, escribimos, fixemos murais e creamos logos co fin de que a loita contra este grave problema continúe todos os días do ano. Cos traballos realizados e diferentes documentos fixemos unha exposición á que nos fomos achegando e aproveitamos para darlle o noso voto ao logo que pode acompañarnos durante este curso, como imaxe dos nosos perfís ou ilustración dos nosos cadernos. A proposta de Zoe Trotta de 3º de ESO foi a máis votada. Aquí a deixamos para que a utilicedes se o desexades:

 

Ás dez da mañá, pousamos o noso material, erguémonos e gardamos un minuto de silenzo para rexeitar a violencia de xénero. Despois escribimos os nosos pensamentos nun taboleiro branco que colocamos na entrada do colexio.

 

Os nosos campións de xadrez

Parabéns!

Non hai nin un ano dende que comezaron as actividades de xadrez da ANPA e os froitos xa son ben meritorios. Acabamos de recibir a boa nova de que o noso equipo de xadrez ten acadado o primeiro posto da categoría benxamín na fase clasificatoria do concurso de xadrez do programa XOGADE, organizado pola Xunta.

Para isto tivéronse que medir con outros 60 cativos doutros centros repartidos nun total de 9 equipos. Para nos adentrarmos algo máis e coñecermos este xogo, diremos que se trata dunha disciplina por equipos na que cada neno compite de xeito individual, pero na que os puntos por vitorias se computan para o equipo.

Así que moitísimas felicidades aos nosos campións Itziar, Miro, Noel e Juan e a seguir pegándolle duro. Seguiremos os vosos pasos e agardamos que este sexa soamente o comezo dunha apaixonante aventura chea de logros e ledicias.

Momentos dos nosos campións durante as clases de xadrez e mais da súa participación no campionato.

CHARLA SOBRE A DOAZÓN DE ÓRGANOS E TECIDOS

COMO TODOS LOS ANOS VIÑERON OS DO CENTRO DE COORDINACIÓN E TRANSPLANTES DO CHUAC A DARNOS UNHA CHARLA INFORMATIVA. ESTIVO O XEFE DE ENFERMERÍA DO EQUIPO E, COMO SEMPRE,  VEU ACOMPAÑADO POR JOSE MANUEL, UN RECEPTOR DE DOUS ÓRGANOS QUE CONSTANTEMENTE O AGRADECE CO SEU TESTIMONIO QUE PODE AXUDAR A MOITOS A TOMAR A DECISIÓN MÁIS XENEROSA.

 

AQUÍ PODEDES CONSULTAR TODAS AS VOSAS DÚBIDAS SOBRE O TEMA: 

http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=90002

 

Concerto de Palitroke

Na mañá de hoxe tivemos a oportunidade de escoitar a un grupo de músicos que nos fixeron un percorrido por diversos estilos e ritmos musicais, dende África a Sudamérica, pasando por Europa.

 

"ACTIVIDADE DO DEPARTAMENTO DE INGLÉS: o grupo teatral Face to Face actuando para os alumnos de ESO"

Exposición Itinerante sobre o Áreas Mariñas Protexidas de Galicia

Dende esta semana e durante unha tempada, contaremos nos pasillos do noso centro cunha exposición intinerante sobre Áreas Mariñas Protexidas cedida polo Centro de Interpretación de Santa Cruz de Oleiros (CEIDA). A exposición consta de varios paneis informativos que nos aportan unha ampla información e contidos sobres os ecosistemas mariños máis importantes do noso litoral.

ACHHÉGASE O ENTROIDO!!1

Como sabedes, a próxima semana xa festexaremos o ENTROIDO. Serán uns días moi divertidos porque faremos moitas cousas. Este ano comezamos o xoves de compadres co LARDEIRO.

Nos días previos o Entroido e  aproveitando as horas de plástica, as nenas construiron un boneco chamado Lardeiro, no que representaron rasgos definitorios do sexo masculino.Os Lardeiros expuxéronse no vestíbulo.

O día 31, as nenas saíron ao patio (recollendo antes no vestíbulo o seu Lardeiro) e uns minutos máis tarde saíron os nenos e intentaron quitárllelo para rachalo. Por certo , en todos os cursos o conseguiron, e aínda que as nenas estaban algo fastidiadas , nenos e nenas pasárono moi ben.

 O xoves desta semana, o de Comadres, é ao revés. Son os nenos os que fan a LARDEIRA. Esperamos que as nenas teñan igual ou mellores resultados, así  demostrarán que a forza non é tan importante.

A partir do mércores, 5 de febreiro, O MECO, fainos mandados que debemos seguir.

ANÍMATE E PARTICIPA. É MOI IMPORTANTE NON PERDER A TRADICIÓN.

 

 

PROXIMAMENTE PODEREDES VER FOTOS NA GALERÍA

VISITA A SOTAVENTO 6º PRIMARIA

VISITA AS INSTALACIÓNS DO PARQUE EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

O mércores, 28 de decembro, os alumnos/as de 6º de primaria visitaron o parque de enerxías renovables de Sotavento.A visita ten como obxectivo que os alumnos/as teñan contacto coa producción das enerxías renovables, o que permitirá que, por un lado afiancen os coñecementos adquiridos na aula, e por outro, adquiran conciencia medioambiental.

Aída que o tempo no nos acompañou para poder facer actividades ó aire libre, a visita resultou moi interesante.

 

Así celebramos o magosto

Xa celebramos o MAGOSTO.O día deu para moito, fixemos os cucuruchos, divertímonos cos xogos populares e, sobre todo, comemos castañas...

Aínda que, como o ano pasado, o clima parecía que non estaba con nós, ó final todo quedou nun día con algunhas nubes pero "nin chisca de choiva".

Así, puidemos saír  ó patio e festexar todos xuntos esta tradicional celebración.Ademais de comer castañas, este día tamén entregamos os premios da decoración de portas e corredores:

             A PORTA GAÑADORA

            O CORREDOR GAÑADOR

 

Grazas a todos e todas por colaborar e noraboa aos premiados.

Grazas tamén ós rapaces/as de Secundaria pola súa axuda nos xogos populares, así da gusto.Seguide así.

 

           ATA O ANO QUE VÉN!!!

Podedes ver fotos da festa e dos adornos do colexio na GALERÍA.

PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO E SAMAÍN

 

O 31 de outubro será o día da celebración do noso MAGOSTO...unha das festas galegas, de carácter agrario, máis antigas.

 

Como xa está cerquiña O Samaín,lembrámosvos que a noite do 31de outubro é unha noite de Meigas, Demos, Monstros, vampiros chuchasangue... É A NOITE DO SAMAÍN!!

 

Igual que o ano pasado, faremos un concurso de adornos de portas e corredores, para iso xa levamos uns días decorando o cole con motivos alusivos a estas festas.

 

UN ANO MÁIS,

RAPACES E RAPAZAS,

PREPARÁDEVOS PARA DISFRUTAR DO MAGOSTO DE NOVO!!! E pensade que:

Se non axudas a limpar

procura non manchar : 0% DE LIXO.

 

O equipo de actividades complementarias e extraescolares mándavos moitos bicos ratunos e moi, moi terroríficos.

 

MAGOSTO e SAMAÍN 2012


Distribuir contido