IMPORTANTE!!!! AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO. CURSO 2015-2016

O Diario Oficial de Galicia do 1 de xuño publica as dúas convocatorias polas que se regulan as axudas para os libros de texto do curso 2015-16:

- Orde do 21 de maio de 2015, que regula o fondo solidario de libros de texto para os alumnos que no próximo curso estean matriculados en 3º e 5º de EP, e 2º e 4º da ESO. Estes alumnos recibirán, segundo a renda de cada familia, un número determinado de libros do fondo solidario.

- Orde do 22 de maio de 2015, de axudas para a adquisición de libros de texto para os alumnos que no próximo curso estean matriculados en 1º, 2º, 4º e 6º de EP, e 1º e 3º da ESO. Estes alumnos terán un vale entre 90 e 180 euros para a compra de libros. O nivel de renda familiar non pode superar os 9000 €.

É requisito obrigatorio para ambas as axudas ter devoltos, ao final de curso, os libros do 2014-15 que aparecían na listaxe publicada na cristaleira do colexio e nesta páxina web. Recibiredes información da data e a forma de devolución.

 Prazos para presentar esta solicitude:

- Fondo Solidario (alumnos que cursarán 3º e 5º de EP, e 2º e 4º da ESO): do 2 de xuño ao 30 de xuño.

- Axudas para a adquisición de libros:

Alumnos que cursarán 1º, 2º, 4º e 6º EP: do 2 de xuño ao 1 de xullo.

Alumnos que cursarán 1º e 3º ESO:

Prazo ordinario: do 25 xuño ao 27 de xullo.

Prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro (alumnos de 1º e 3º con materias suspensas para setembro).

 

Recollida de impresos, información e entrega das solicitudes,  na secretaría do Centro. Os impresos poden descargarse nos enlaces: https://sede.xunta.es (guía de procedementos e servizos), e en formato pdf no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es

IMPORTANTE!!!!!! LIBROS DE TEXTO ADQUIRIDOS CO VALE DAS AXUDAS DO CURSO 2014-15

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar unha relación do alumnado que adquiriu os libros do curso actual, 2014-15, co vale de axudas para a adquisición dos mesmos, onde, de acordo co previsto no artigo 14 d) da Orde do 28 de maio de 2014 (DOGA 30 de maio de 2014), aparece a relación dos libros que cada alumno/a terá que devolver ao finalizar o curso para a súa incorporación ao fondo solidario.

Os libros indicados serán entregados por cada alumno/a, na última semana do curso, ao seu titor.

Este listado estará exposto na cristaleira de entrada ao colexio ou poderá ser consultado premendo no adxunto que aparece a continuación.

 

Novo logro do noso equipo de xadrez

Pois si! Temos o orgullo de confirmarvos que desta volta os nosos campións impuxéronse na fase Intercomarcal de Xogade. Máis alá do resultado, cómpre resaltarmos o seu carácter, autocontrol e madurez cos que enfrontan os novos retos e dificultades que atopan polo camiño. Seguiremos informando dos resultados de vindeiras probas. Parabéns!

Dálle á manivela!

           

O pasado 8 de maio, o alumnado de 1º Ciclo de E.P. acudiu a unha charla - obradoiro sobre música mecánica e fonográfica. O encargado de desvelarnos estes misterios foi o músico Germán Díaz.

Un dos obxectivos deste obradoiro era introducir aos rapaces/as no universo da música mecánica a través de instrumentos curiosos. Así comprobaron que, xirando unha manivela, podían saír fermosas melodías de instrumentos que descoñecían: pequenas caixas de música con cilindros de púas, órgano de barbaria, rolmónicas, zanfona...

Aprenderon como se rexistraron as primeiras cancións e o xeito de reproducilas: non sempre existiron os CDs.

Ademáis, descubriron que unha serra tamén se podía converter nun instrumento. Quedaron ben abraiados!!!

       

Os nosos campións de xadrez

Parabéns!

Non hai nin un ano dende que comezaron as actividades de xadrez da ANPA e os froitos xa son ben meritorios. Acabamos de recibir a boa nova de que o noso equipo de xadrez ten acadado o primeiro posto da categoría benxamín na fase clasificatoria do concurso de xadrez do programa XOGADE, organizado pola Xunta.

Para isto tivéronse que medir con outros 60 cativos doutros centros repartidos nun total de 9 equipos. Para nos adentrarmos algo máis e coñecermos este xogo, diremos que se trata dunha disciplina por equipos na que cada neno compite de xeito individual, pero na que os puntos por vitorias se computan para o equipo.

Así que moitísimas felicidades aos nosos campións Itziar, Miro, Noel e Juan e a seguir pegándolle duro. Seguiremos os vosos pasos e agardamos que este sexa soamente o comezo dunha apaixonante aventura chea de logros e ledicias.

Momentos dos nosos campións durante as clases de xadrez e mais da súa participación no campionato.

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2015-2016

O arquivo adxunto contén o listado do novo alumnado admitido no curso 2015-16.  (Para abrilo, preme en adxunto)

 Contra esta resolución provisional poderase formular reclamación, ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa publicación.

Programa radio

O grupo 2º A creamos este breve programa de radio. Foi posible grazas ás indicacións de Montse, ó entusiasmo de Ros, á colaboración de María Méndez e ó labor de montaxe de Edita.


28.49 MB

Aprender a pensar

A "caixa máxica" chegou ás aulas de 1º de E.P. para axudarnos a pensar mellor. Cada vez que entra na aula, pódeo facer cunha proposta diferente: a través dunha narración, a través dun cadro, a través dun xogo... É unha forma de estimular as habilidades de pensamento.

Ao comenzo do presente curso, explicamos ás familias a importancia de facer Filosofía cos nosos alumnos e alumnas.

Se vedes a entrevista con Angélica Sátiro, ao mellor comprenderedes a importancia de traballar deste xeito.

 

 

 

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (INGLÉS)

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES

 ANO 2015

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Con data de 26 de maio publicáronse as listaxes definitivas do alumnado seleccionado e suplente (Anexo I) das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 16/03/2015), así como a listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación (Anexo II).

 

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle).Programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle)

Dende o 27 de xuño ao 5 de maio poderanse presentar alegacións e efectuar reclamacións.

 

Os animais

Grazas ao conserxe do noso Centro tivemos a oportunidade de coñecer,de primeira man,algúns animais:ovíparos e vivíparos.

                

Descubrimos que as galiñas necesitan incubar os seus ovos 21 días para que nazcan os poliños.

Tivemos a sorte de ver un año que acababa de nacer.Os años nacen directamente da barriga da súa nai,por iso son vivíparos.

Coñecimos unha égua e ao seu fillo,que xa é tan grande coma a nai!

En fin,foi toda unha aventura na que aprendimos unha chea de cousas sobre os animais domésticos.

Grazas,Juan,pola túa paciencia e amabilidade!!!

 

Distribuir contido