DÍA DO LIBRO

     

 

Para o alumnado de 2º de E.P. todos os días son " día do libro". A diario lemos por placer durante vinte minutos nas nosas aulas. Sen embargo, esta semana quixemos facer algo especial. Por iso saímos para ler no recuncho de lectura que temos no Centro. Foi un intre diferente e máxico.