Os inventos do s. XIX

 

O alumnado de 2º de E.P. realizou ao longo do 1º trimestre un pequeno proxecto sobre os inventos e os inventores do s. XIX. Un dos inventos que mais nos chamou a atención foi o da COCA COLA. Parece incrible que se vendese nas farmacias a 5 céntimos o vaso!

A figura de Edisson tamén nos impresionou moito: imaxinades como sería a nosa vida sen bombillas? Pero ademáis patentou máis de 1000 inventos!

No Nadal levamos a cabo unha pequena representación teatral partindo desta temática e colaborando, deste xeito, co proxecto de Biblioteca do noso Centro. Disfrutamos moito con esta experiencia!