Skip to Content

Mímimos matemáticas

 

  

NIVEIS MÍNIMOS DE COMPETENCIA CURRICULAR

3º  CICLO  E. PRIMARIA

ÁREA    DE    MATEMÁTICAS

 

BLOQUE 1 - Números e operacións

  • Le, escribe, compara, descompón números de ata oito cifras.
  • Recoñece e calcula os múltiplos e divisores dun número natural. Clasifica os números en primos e compostos.
  • Le, escribe e calcula o valor dunha potencia.
  • Realiza cálculos mentais sinxelos. Mostra axilidade no cálculo.
  • Le, escribe e compara fraccións, números mixtos e números decimais e realiza cálculos de suma, resta, multiplicación e división.
  • Aplica as operacións de suma, resta, multiplicación e división á resolución de problemas con operacións combinadas, seguindo un procedemento claro.
  • Utiliza a calculadora para comprobar resultados.

BLOQUE  2 - Medida

  • Recoñece e usa as unidades de lonxitude, capacidade e masa.Ten o concepto de superficie.
  • Coñece, efectúa cálculos e realiza problemas con unidades de tempo e moeda.
  • Utiliza instrumentos de medición: regra, metro.
  • Aprecia o valor das medicións na vida real.

BLOQUE 3 -  Espazos e formas

  • Coñece e aplica as nocións básicas de recta, semirrecta, segmento, paralelas, perpendiculares e ángulo, usando o instrumental axeitado (regra, escuadro e transportador).
  • Recoñece, clasifica e debuxa figuras planas e identifica os seus elementos.
  • Recoñece e debuxa circunferencia e círculo e os seus elementos principias.
  • Aplica os coñecementos anteriores para cálculos da vida real (perímetro).
  • Manipula, compara, describe e clasifica corpos xeométricos: cubo, prisma, pirámide, cono e esfera.
  • Mostra interese pola precisión na representación de formas xeométricas.

BLOQUE  4 - Tratamento da información

  • Representa graficamente a información mediante táboas de datos, diagramas de barras,lineais, de sectores.
  • Obtén e emprega a información para a realización de gráficos.
  • Interpreta distintas representacións gráficas de datos do contorno.
  • Valora a linguaxe gráfica como forma de comunicación e representación.

 



page | by Dr. Radut