CHEGAR E ENCHER!

Acabamos de iniciar o novo curso e o alumnado de 2º E.P. xa se puxo a cociñar.

           

Aproveitamos os recursos do noso Centro para facer unhas deliciosas tartas de mazán.

En primeiro lugar recollimos a froita dunha maceira que temos no cole.Ten mazáns ecolóxicas:poidémolo comprobar xa que tiñan verme.Logo elaboramos as tartas coa axuda de moitas profes que foron aparecendo pola sala de usos múltiples.O resultado foi fabuloso!

      

O noso alumnado xa está concienciado: antes de comer, hai que limpar!