Saídas polo entorno

Aproveitando un dos poucos días de sol que nos trouxo a primaveira,o alumnado de 1º Ciclo de E.P. realizou unha bonita saída polo entorno.

O Concello de Miño brindounos a oportunidade de visitar a ETAP e o muíño de vento de Bemantes.

Primeiro explícaronnos o proceso polo cal a auga( do río Lambre) chega ás nosas casas sendo potable.

Logo, acudimos ao muíño de vento de Bemantes para aprender como moían os cereais os nosos antergos.