Concerto didáctico "O Quebranoces"

Os alumnos e alumnas de 2º ciclo de primaria foron o pasado mércores 7 de Febreiro nunha excursión ao Pazo da Ópera da Coruña para ver a obra "O Quebranoces" de Chaikovski e que foi representado polo Centro Coreográfico Galego e a Orquesta Sinfónica de Galicia.

A experiencia de poder ver unha obra como esta nun lugar como o Pazo da Ópera foi abraiante. Os nosos cativos non perdían detalle de todo o que alí acontecía e do que os rodeaba. Poidemos ver como a orquesta se ía colocando e comezando a afinar no fondo do foso mentres o patio de butacas se ía enchendo de público. Despois abriuse o telón e comezou a máxia da danza e da música. Vivimos unha hora de aventuras acompañados de tódalas personaxes do conto  (Marie, Lizt, O padriño, o Quebranoces,...) e viaxamos da man deles polos extraordinarios sucesos que lles acontecen durante a noite de nadal.